Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 26 de maio de 2021 Páx. 26219

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño

EDICTO (XVB 800/2019).

Xuízo verbal 80/2019.

Sobre outras materias.

Demandante: Carlos Pérez Iglesias.

Procurador: Juan Alfonso García López.

Avogada: María de los Ángeles Ferreira Pazo.

Demandado: Juan Pablo Martínez Fernández.

José Antonio Romasanta Ageitos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño, polo presente anuncio que, en virtude do acordado en resolución ditada no día da data no procedemento xuízo verbal civil número 80/2019, e de conformidade co artigo 497.2 da LAC, mediante este notifícase a Juan Pablo Martínez Fernández a sentenza do 25 de novembro de 2019 e contra ela non cabe interpoñer recurso de apelación.

Fáiselle saber que a dita resolución estará á súa disposición nas oficinas do xulgado.

O Carballiño, 13 de marzo de 2020

O letrado da Administración de xustiza