Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 26 de maio de 2021 Páx. 26215

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (PO 37/2020).

Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, mediante o presente edicto, anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Recreativos Portas, S.L. fronte a Lorena Sobral Marino ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

Vigo, 3 de decembro de 2020

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade co número 37/2020, promovidos por Recreativos Portas S.L., representada pola procuradora Sra. Robés Cabaleiro e asistida do letrado Sr. Gómez Loureda, contra Lorena Sobral Marino, en situación procesual de rebeldía,

Resolvo:

Admitindo integramente a demanda promovida pola representación de Recreativos Portas, S.L. contra Lorena Sobral Marino, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar a cantidade de 7.523,80 euros, máis os xuros pactados do 10 % desde a data 31 de marzo de 2019; e ao pagamento das custas procesuais causadas nesta instancia.

Notifíqueselles ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que se deberá interpor neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

E estando a devandita demandada, Lorena Sobral Marino, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación na forma.

Vigo, 20 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza