Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 26 de maio de 2021 Páx. 26213

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1287/2020).

Procedemento ordinario 1287/2020

Procedemento de orixe: xuízo verbal 1287/2020

Sobre privación de patria potestade

Demandante: Yeimy Paola Cardozo Gaita

Procuradora: María José Barreira Fernández

Demandado: Rafael Medina Losada

Eu, Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Yeimy Paola Cardozo Gaita fronte a Rafael Medina Losada ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 204/2021.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2021.

Vistos por min Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial o presente xuízo ordinario número 1287/2020 promovido pola procuradora Sra. Barreira Fernández, en nome e representación de Yeimy Paola Cardozo Gaita, asistida da letrada Sra. González Vázquez, fronte a Rafael Medina Losada, declarado en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal, dada a concorrencia de menor de idade Yanny Medina Cardozo.

(…)

Decido que, estimando a demanda deducida pola procuradora Sra. Barreira Fernández, en nome e representación de Yeimy Paola Cardozo Gaita, asistida da letrada Sra. González Vázquez, fronte a Rafael Medina Losada, declarado en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal, dada a concorrencia de menor de idade Yanny Medina Cardozo, procede declarar a privación da patria potestade do demandado sobre a menor e o mantemento da pensión de alimentos establecida en sentenza de divorcio contencioso do 26.7.2012 do Xulgado de Primeira Instancia número 17 de Barcelona en autos de divorcio contencioso 913/2011.

Non procede a expresa condena en custas a ningunha das partes, que aboarán cada unha as causadas pola súa instancia e as comúns, por metade.

Notifíquese esta resolución ás partes comparecidas en legal forma.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe preparar e ulteriormente interpoñer neste xulgado recurso apelación conforme os artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial».

E atopándose o devandito demandado, Rafael Medina Losada, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza