Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 26 de maio de 2021 Páx. 26212

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

ANUNCIO de interposición do recurso contencioso-administrativo (PO 4052/2021).

No presente órgano xudicial foi interposto recurso contencioso administrativo pola procuradora M.I.C.R., que se tramita como procedemento ordinario nº 4052/2021, en nome e representación de Sociedade Española de Generación Eléctrica, S.L. (SEGEL) contra a Xunta de Galicia, sobre acordo do 21.1.2021 do Consello de Goberno, sobre aprobación do proxecto sectorial de aproveitamento hidroeléctrico Salto de Cabana, do río Tronceda, no municipio de Mondoñedo (Lugo).

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 29.4.2021 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia de quen tiver interese lexítimo en soster a conformidade con dereito da acto impugnado.

A Coruña, 3 de maio de 2021

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza