Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 25 de maio de 2021 Páx. 25931

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (DCT 1558/2015).

DCT divorcio contencioso 1558/2015

Procedemento orixe: /

Sobre: divorcio contencioso

Demandante: Abibatou Niasse

Procuradora: Uxía Ríos Tesouro

Avogado: Mario Folla Pérez

Demandado: Mouhamadou Diouck

No procedemento de referencia foi pronunciada a resolución que ten o teor literal seguinte:

«Sentenza nº 346/2021

Maxistrada xuíza Laura Guede Gallego

Ourense, 29 de abril de 2021

Vistos os presentes autos nº 1558/2015 sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. Ríos en nome e representación de Abibatou Niasse como demandante, asistida polo letrado Sr. Folla contra Mouhamadou Diouck, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Abibatou Niasse e Mouhamadou Diouck con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución. Acórdanse como medidas definitivas:

a) Atribuír a garda e custodia da menor K. D., nacida o 21.11.2006, á nai.

b) Atribuír o exercicio exclusivo da patria potestade á nai.

c) Suspender o réxime de visitas que Mouhamadou Diouck poida ter coa súa filla.

d) En concepto de alimentos a favor da filla, establécese a obrigación do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 100 euros, que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa a un de xaneiro. Así mesmo, establécese a obrigación de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios, diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios, sendo necesario o previo consentimento para estes últimos e non para os primeiros.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. LAC) ante este tribunal e que se debe constituír o depósito legalmente establecido.

Unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil Central, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Mouhamadou Diouck, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 30 de abril de 2021

O/a letrado da Administración de xustiza