Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 25 de maio de 2021 Páx. 25929

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (1074/2020).

F02 Faml. Guard. Cust. do Ali. Fill. Menor non Matri. no C. 1074/2020

Procedemento orixe: /

Sobre: alimentos provisionais

Demandante: Sonia García Rodríguez

Procuradora: Lourdes Lorenzo Ribagorda

Demandado: Regildo de Aguiar Sousa

No procedemento de referencia foi pronunciada a resolución que ten o teor literal seguinte:

«Sentenza

Ourense, 29 de marzo de 2021

Luís Doval Pérez, maxistrado xuíz de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos, sobre garda, custodia e alimentos fillo non matrimonial, promovidos por Sonia García Rodríguez, representada pola procuradora Lourdes Lorenzo Ribagorda, e asistida polo letrado Antonio Pérez Villar; contra Regildo de Aguiar Sousa, en situación de rebeldía procesual; sendo parte o Ministerio Fiscal.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido:

Que, estimando en parte a demanda formulada pola procuradora Lourdes Lorenzo Ribagorda, en nome e representación de Sonia García Rodríguez contra Regildo de Aguiar Sousa, acordo as seguintes medidas definitivas relativas á menor Irene García de Aguiar:

1. Garda e custodia. Atribúese a garda e custodia da filla menor I. G. R., á súa nai Sonia García Rodríguez, á cal se atribúe o exercicio exclusivo da patria potestade, polo que poderá decidir en exclusiva sobre as decisións relativas á escolarización da menor, trámites ou autorizacións administrativas, como autorización para saír ao estranxeiro, obtención ou renovación de pasaporte, etc, sen prexuízo da titularidade conxunta da patria potestade.

Non se establece réxime de visitas a favor do pai non custodio.

2. Pensión de alimentos. O pai aboará en concepto de alimentos a favor da filla menor a suma de 100 € mensuais. O referido importe actualizarase anualmente de conformidade co IPC ao termo de cada anualidade e deberá ser ingresado dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que a nai designe para o efecto.

Así mesmo, ambos os proxenitores deberán satisfacer o 50 % dos gastos extraordinarios debidamente acreditados.

Non se efectúa expresa condena en custas.

Notifíquese ás partes esta sentenza facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación, que deberán interpoñer ante este xulgado dentro os vinte días seguintes á súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Ourense, logo de consignación do depósito previsto en DA 15ª LOPX.

Así o ordeno, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Regildo de Aguiar Sousa, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 29 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza