Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 25 de maio de 2021 Páx. 25933

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (165/2020 R).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber, como consecuencia do paradoiro ignorado da parte demandada, Jonathan Dixon Quijije Galarza:

Cédula de notificación:

No presente procedemento ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución teñen o seguinte teor literal:

«Sentenza nº 345/2021.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

En Ourense o 29 de abril de 2021.

Vistos os presentes autos nº 165/2020, sobre modificación de medidas, promovidos pola procuradora Sra. Crespo, en nome e representación de Nohely Jizel Muñoz Núñez, como demandante asistida por letrado fronte a Jonathan Dixon Quijije Galarza, declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal,

Resolvo:

Admito a demanda interposta pola procuradora Sra. Crespo, en nome e representación de Nohely Jizel Muñoz Núñez, fronte a Jonathan Dixon Quijije Galarza, e declaro a modificación das medidas acordadas na Sentenza do 16.3.2012 nos autos de garda, custodia e alimentos 872/2011, nos seguintes termos:

a) Suspéndese o réxime de visitas que Jonathan Dixon Quijije Galarza tiña coa súa filla S. J.

b) Atribúeselle o exercicio exclusivo da patria potestade á nai.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LEC) ante este tribunal, e deben constituír o depósito legalmente establecido.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe».

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4, 164 e 497.2 da LAC, expídese o presente edicto para que lle sirva de notificación na forma legal ao demandado, Jonathan Dixon Quijije Galarza.

Ourense, 3 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza