Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25434

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (418/2019).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 418/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Gómez Crespo contra Varaderos Lazareto, S.L., sobre despedimento, se ditou Auto (aclaración de sentenza) do 26.4.2021 en cuxa parte dispositiva consta:

«Parte dispositiva:

Dispoño:

1. Admitir a solicitude de Juan Manuel Gómez Crespo de aclarar a sentenza ditada nas presentes actuacións e os subseguintes autos aclaratorios no sentido que se indica a seguir, onde di no primeiro parágrafo da resolución da sentenza:

“Catro mil seiscentos setenta e catro euros con setenta e un céntimos de euro (4.674,71) en concepto de indemnización”, debe dicir: “vinte e un mil seiscentos trinta e seis con vinte e tres céntimos de euro (21.636,23 euros) en concepto de indemnización consecuente á extinción da relación laboral por causa imputable ao empresario”.

O resto da resolución queda como consta na citada sentenza ditada nos presentes autos do 9.12.2019.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e os datos completos para efectuar actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpor recurso sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina S.Sª. Dou fe».

E para que sirva de notificación na forma legal a Varaderos Lazareto, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza