Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25432

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (312/2020).

Eu, Demetrio Mato Bartolomé, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo verbal 312/2020 consta a sentenza que abaixo se indica cuxo encabezamento e parte dispositiva se transcriben a continuación:

«Sentenza 41/2021

A Estrada, 23 de marzo de 2021.

Vistos por min, Ricardo Antonio López Fernández, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal seguidos co nº 312/2020, en virtude de demanda presentada pola entidade Autopark Renting de Vehículos, S.A., representada polo procurador dos tribunais Sr. Fernández Somoza e baixo a dirección do letrado Sr. Verdes Torres, contra a entidade Riter Rotulación, S.L. e contra Mónica Castro García, declarados en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Parte dispositiva:

Debo estimar e estimo integramente a demanda presentada pola entidade Autopark Renting de Vehículos, S.A., representada polo procurador dos tribunais Sr. Fernández Somoza, contra a entidade Riter Rotulación, S.L. e contra Mónica Castro García, declaradas en situación de rebeldía procesual e, en consecuencia, condeno a entidade Riter Rotulación, S.L. e a Mónica Castro García a pagar á entidade Autopark Renting de Vehículos, S.A. a cantidade de dous mil cento cinco euros con sesenta e sete céntimos de euro (2.105,67 €), cos xuros na forma descrita no fundamento xurídico cuarto desta resolución.

Ao estimarse integramente a pretensión demandante, a demandada deberá pagar as custas devindicadas.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso, ex artigo 455 da LAC.

Incorpórese a orixinal ao libro de sentenzas, con dedución de testemuño que se unirá ás presentes actuacións.

Así o acordo, mando e asino».

O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao que me remito.

Esténdese este edicto para que sirva de notificación aos demandados rebeldes de autos e que actualmente están en ignorado paradoiro, Mónica Castro García e a mercantil Riter Rotulación, S.L.

A Estrada, 24 de marzo de 2021

O letrado da Administración de xustiza