Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25436

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (651/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 651/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Gómez Crespo contra a empresa Alfer Metal, S.L., sobre despedimento, se ditou decreto de desistencia con data 7.10.20, contra o cal cabe recurso de revisión no prazo de tres días, que se encontra á súa disposición na oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alfer Metal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza