Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25437

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 355/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 355/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristhian Mathias Arias Delgado contra a empresa Fun Kitchen, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

Que desestimando integramente a demanda interposta por Cristhian Mathias Arias Delgado contra Fun Kitchen, S.L., debo absolver e absolvo a mercantil demandada das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fun Kitchen, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza