Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25438

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 70/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 70/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Vázquez Fidalgo contra a empresa Value and Financial Backing, S.L. e contra o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Miguel Ángel Vázquez Fidalgo contra Value and Financial Backing, S.L., debo condenar e condeno a mercantil Value and Financial Backing, S.L. a abonarlle ao demandante a suma de 13.345,36 euros, polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Value and Financial Backing, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza