Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25439

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolucións (ETX 63/2021).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 63/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos de Jesus Calvo contra Forescultura, S.L. e o Fogasa, foron ditadas as resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, vinte e nove de abril de dous mil vinte e un.

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 49/2021 do 26.2.2021 ditada no procedemento ordinario 626/18 a favor da parte executante, Marcos de Jesús Calvo, fronte a Forescultura, S.L. Fogasa, parte executada, polo importe de 3.964,35 euros en concepto de principal (3.141,53 euros en concepto de salarios e vacacións, 822,82 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 396,43 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Decreto

Letrada da Administración de xustiza Paloma Recalde Álvarez.

Santiago de Compostela, vinte e nove de abril de dous mil vinte e un.

Parte dispositiva

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Forescultura, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Marcos de Jesús Calvo e ao Fondo de Garantía Salarial, polo termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, de cuxo resultado se acordará o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Forescultura, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza