Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25441

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 395/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 395/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Lourdes Neiro Casal contra a empresa Edificios Docentes de Santiago, S.L., Junior’s Servicios Integrales, S.L., Colegio Junior’s, S.L., Fundación Junior’s Caesga, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva ése como segue:

Que, estimando integramente a demanda interposta por María Lourdes Neiro Casal contra Junior’s Servicios Integrales, S.L., Colegio Junior’s, S.L., Fundación Junior’s Caesga, S.L., Edificios Docentes de Santiago, S.L., debo condenar e condeno as mercantís demandadas, de forma conxunta e solidaria, a aboarlle á demandante a suma de 8.807,20 euros brutos polos conceptos e coa desagregación detallada no feito probado quinto da presente resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios da letrada da parte demandante por importe de 200 euros.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa, non procede súa condena nesta instancia e deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Edificios Docentes de Santiago, S.L., Junior’s Servicios Integrales, S.L., Colegio Junior’s, S.L. e Fundación Junior’s Caesga, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza