Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 11 de maio de 2021 Páx. 23613

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 2772/20-S).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 2772/2020 desta sección, seguido por instancia de Mutua Universal Mugenat, Mutua MC Mutual, Asepeyo, Fremap Mutua Colaboradora coa Seguridade Social N61 contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pizarras Matacouta, S.A., Pizaras Nano, S.L., Excavaciones Ucediños, S.L., Activa Mutua 2008, Mutua Acc. Trab. e Enf. Profes. de SS nº 3, Porredo, S.L., Mutua La Fraternidad Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 275, Pizarras Aveta, S.L.U., Pizarras Rozadais Elaboración, S.L., Mutua Gallega, José Antonio Anta Rodríguez, Pizarras Proinor, S.A., Pizarras Gallegas, S.A., Pizarras Rústicas y Gallaecia, S.L.U., administración concursal de Pizarras Robema, S.L. (Francisco José Aranda Vélez), administración concursal de Pizarras Os Vales, S.L. (Vicente Manuel Diz Varela, administración concursal de Pizarras La Tranquila, S.A. (José Manuel Orban Moreno), El Pedricio, S.L., Mutua Intercomarcal, Mutua Accid. Traballo e Enferm. Profes. da SS nº 39, sobre accidente, foi pronunciada sentenza cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«Decidimos:

Que, desestimando os recursos de suplicación interpostos pola representación legal das Mutuas Universal-Mugenat, Mutua Asepeyo, Mutua MC Mutual, e pola representación da Mutua Fremap, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense, en no 16 de xaneiro de 2019, nos presentes autos 473/2018, sobre grao de invalidez, promovidos polo demandante José Antonio Anta Rodríguez, contra os demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua La Fraternidad, MC Mutual, Activa Mutua 2008, Mutua Asepeyo, Mutua Universal-Mugenat, Mutua Fremap, Mutua Gallega, Mutua Intercomarcal, así como contra empresas Pizarras Proinor, S.A., Pizarras Galegas, S.A., Pizarras Matacouta, S.A., Pizarras Aveta, S.L.U., Pizarras Rústicas y Gallaecia S.L.U., Porredo, S.L., Pizarras Rozadais Elaboración, S.L., Pizarras Nano, S.L., Pizarras Matacouta, S.A., El Pedricio, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Decrétase a perda do depósito necesario constituído polas mutuas para recorrer, ao cal se dará o destino legal, unha vez que adquirise firmeza a presente resolución, e mantense o aseguramento prestado, e a imposición de custas tan só á Mutua Universal Mugenat, que incluirá os honorarios da letrada do traballador demandante, impugnante do recurso da dita mutua, na cantidade de 550 euros.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

- O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pizarras Aveta, S.L.U., Excavacions Ucediños, S.L., Pizarras Nano, S.L., El Pedricio, S.L., administración concursal Pizarras Robema, S.L. (Francisco José Aranda Vélez), Pizarras Rústicas Gallaecia, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza