Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 11 de maio de 2021 Páx. 23615

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Quinta)

EDICTO (ADL 804/2020).

Eu, María Girón Vidal, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra (sede en Vigo), polo presente fago constar que na peza de apelación número 804/20, dimanante de procedemento de xuízo sobre delitos leves 2662/2019 do Xulgado de Instrución número 6 de Vigo, en que figura como denunciante Kevin A.A. e denunciada Rosa Edit Rodas Rondinel, esta sección ditou sentenza o 28.12.2020, que desestima o recurso de apelación interposto polo Sr. Tinoco Lavado, avogado da apelante Rosa Edit Rodas Rondinel, contra a sentenza ditada en primeira instancia, cuxo texto íntegro se atopa nesta secretaría á disposición dos interesados.

Contra a presente sentenza non cabe interpoñer recurso ningún.

Para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Rosa Edit Rodas Rondinel, cuxo domicilio se descoñece, expido o presente edicto. Dou fe.

Vigo, 20 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza