Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 11 de maio de 2021 Páx. 23616

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 503/2020).

Eu, María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, mediante este edicto anuncio que no presente procedemento ordinario 503/2020, seguido por instancia de Julio Rey Doce e Pilar Iglesias Casanova fronte a Canteras y Áridos, S.A., ditouse sentenza o 1 de marzo de 2021, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 34/2021.

Xuízo ordinario número 503/2020.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandantes: Julio Rey Doce e María del Pilar Iglesias Casanova.

Avogada: Sra. Delfa Losa.

Procurador: Sr. García Piccoli Atanes.

Demandado: Canteras y Áridos, S.A. (en rebeldía).

Obxecto: elevación a escritura pública.

En Santiago de Compostela o 1 de marzo de 2021.

Resolución:

Estimo integramente a demanda presentada por Julio Rey Doce e María del Pilar Iglesias Casanova contra Canteras y Áridos, S.A. e, en consecuencia, condeno a demandada elevar a escritura pública o contrato privado do 4 de abril de 1997, liquidado en data do 27 de outubro de 2015, todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que non é firme e que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que haberá que presentar neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 euros.

O depósito da expresada suma deberá acreditarse ao interpoñer o recurso, a cuxo escrito se xuntará copia do xustificante ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite. Están exceptuadas da obrigación de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela».

E atopándose o dito demandado, Canteras y Áridos, S.A., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza