Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 29 de abril de 2021 Páx. 21500

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 311/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 311/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángela Alcalde Somoza contra Juan Pablo Fernández Simil e Cervecería Gallaecia, sobre procedemento ordinario (reclamación de cantidades), se ditaron as seguintes resolucións, das que os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a continuación:

Resolucións:

Dilixencia de ordenación de 6.4.2021 contra a que cabe interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Citación de 6.4.2021 en que consta lugar, día e hora en que deben comparecer.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Pablo Fernández Simil e Cervecería Gallaecia, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza

1. Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: Belén Menéndez Medel.

En Santiago de Compostela o seis de abril de dous mil vinte e un.

O anterior escrito presentado o 2.4.2021 pola avogada María José Liste López únase aos autos da súa razón e, visto o seu contido, álzase a suspensión acordada polo decreto do 14.10.2021 e sinálase novamente día para a realización do xuízo, que é o 6.5.2021. O acto de conciliación terá lugar ante a letrada da Administración de xustiza ás 9.30 horas (planta segunda, Oficina Xudicial, Edificio da rúa Berlín) e, en caso de non avinza, celebrásese o acto do xuízo ante a maxistrada ás 9.40 horas (sala 3, Edificio da rúa Berlín), e as partes quedan legalmente citadas mediante a notificación da presente resolución e danse por reproducidos os requirimentos e apercibimentos efectuados na primeira citación.

2. Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 4.

Asunto en que se acorda: procedemento ordinario 311/2019.

Persoa que se cita: Juan Pablo Fernández Simil, Cervecería Gallaecia, como parte/s demandada/s.

Obxecto da citación:

Asistir nesa condición ao/s acto/s de xuízo/conciliación e, se é o caso, xuízo, concorrendo para tales actos coas probas de que intente valerse e tamén, se a parte contraria o pide, e o/a tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer:

Deben comparecer o día 6.5.2021, ás 9.30 horas, na oficina xudicial deste xulgado, ao acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, o día 6.5.2021, ás 9.40 horas, na planta baixa, sala 3, Edificio da rúa Berlín, ao acto de xuízo.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación-procurador ou graduado social para a súa representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza, os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo que practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

1. Interrogatorio do demandado, empresa Juan Pablo Fernández Simil, respecto ao que se acordou que procede o solicitado conforme o artigo 90.3 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 da LXS). Para tal efecto, fáiselle saber que deberá comparecer persoalmente ou a través de persoa con poder suficiente e, en caso de persoas xurídicas, a través de quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio, advertíndolle que en caso de non comparecer poderá impoñérselle a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil e que se non comparece sen xusta causa á primeira citación, refusa declarar ou persiste en non responder afirmativa ou negativamente, a pesar do apercibimento que se lle fixo, poderán considerarse recoñecidos como certos, na sentenza, os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte. No caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta por un terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

2. Documental, respecto da cal se acordou que procede o solicitado conforme o artigo 90.2 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 da LXS). Para tales efectos, requíreselle para que achegue os documentos solicitados:

Contrato de traballo da demandante.

Nóminas da traballadora do período reclamado.

Coa advertencia de que, de non facelo, poderán terse por probadas as alegacións feitas pola contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

Se é o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta pola demandante, xa que esta deberá propoñela e, se é o caso, o/o xuíz/a admitila no acto de xuízo, artigo 87 da LXS.

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º, da LAC), facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados, así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que é convocado (artigo 183 da LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperaren á data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que poidan estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente que non poderá exceder os quince días.

Xúntase dilixencia de ordenación do 6.4.2021, alzando a suspensión e sinalando novamente.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2021.

A letrada da Administración de xustiza.

Juan Pablo Fernández Simil, Cervecería Gallaecia.

Domicilio: praza Castelao, nº 5-7, Rianxo.