Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 29 de abril de 2021 Páx. 21499

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (47/2021).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase despido/cesamentos en xeral seguido baixo o número 47/2021, no cal figura como interveniente Garbo & Gardner, S.L., en que se sinalou conciliación e/ou xuízo para o día 11 de maio de 2021 ás 11.10 e 11.15 horas, respectivamente.

Atopándose a dita parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto, cumprindo o disposto na Instrución 6/2012 da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma deste.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En Santiago de Compostela, 9 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza