Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 29 de abril de 2021 Páx. 21498

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 34/2021).

Eu, Branca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 34/2021 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Carmen Rivas Melón contra a empresa Cien Ovejas, S.L., sobre despedimento, se ditou dilixencia de ordenación, auto polo que se despacha execución no día da data impugnables en reposición e decreto impugnable en revisión no prazo de tres días, os que se atopan á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cien Ovejas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 8 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza