Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 29 de abril de 2021 Páx. 21505

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 143/2021)

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento DOI 143/2021 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Enrique Sánchez Raña contra a empresa Z Nova Obra Creativa, S.L., sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións con data do 17.3.2021 e do 24.3.2021 (decreto e cédula de citación) pola que se cita de comparecencia á parte demandada para o acto de conciliación e xuízo para o próximo día 5.5.2021 ás 10.30 horas e 10.40 horas respectivamente, na sala 3, edificio rúa Berlín, de Santiago de Compostela.

Fáiselle saber que a demanda e demais documentos quedan á súa disposición na secretaria deste xulgado.

Atopándose Z Nova Obra Creativa, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto, en cumprimento do disposto na Instrución 6/12 da Secretaría Xeral da Administración de xustiza, relativa á publicación de 2 edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva a notificación en legal forma deste.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza