Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20634

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (XVB 801/2019).

Eu, María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal número 801/2019 seguido por instancia de Estación de Servicio Compostela, S.L.U. fronte a María Dolores Otero Framil, ditouse sentenza, cuxo teor literal na súa resolución é o seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por Estación de Servicio Compostela, S.L.U. contra María Dolores Otero Framil e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 3.624,22 euros de principal e 174,54 euros de indemnización de gastos de cobramento. Así mesmo, condeno a demandada a aboar á demandante os xuros previstos na Lei 3/2004, de medidas de loita contra a morosidade en operacións mercantís, calculados sobre o principal indicado, desde a data de vencemento das facturas reclamadas ata o seu completo pagamento. Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que esta non é firme e que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que deberá presentarse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 euros.

O depósito da expresada suma deberá acreditarse ao interpoñer o recurso, a cuxo escrito se achegará copia do xustificante ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite. Están exceptuadas da obrigación de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

E estando a dita demandada, María Dolores Otero Framil, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza