Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20635

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes

EDICTO (XVB 72/2020).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución se transcriben a seguir:

«Sentenza.

Ordes, 18 de febreiro do 2021.

Xuíza: Carme Pose Amado

Procedemento: xuízo verbal 72/2020

Demandante: Fundación de Estudos e Análises (Fesan)

Procuradora: Sra. Goimil Martínez

Letrada: Sra. Montevelle Trigo

Demandados: herdanza xacente e herdeiros descoñecidos de José María Méndez Rodríguez

Obxecto: reclamación de contía.

Resolución:

Coa aceptación da demanda presentada pola Fundación de Estudos e Análises (Fesan), representada pola procuradora Sra. Goimil Martínez e asistida da letrada Sra. Montevelle Trigo, contra a herdanza xacente e os herdeiros descoñecidos de José María Méndez Rodríguez, condeno a demandada a pagarlle á demandante a contía de 2.201,28 euros, máis os xuros procesuais desde a sentenza, así como ao pagamento das custas procesuais.

Modo de impugnación: por razón da contía, inferior a 3.000 euros, ao abeiro do artigo 455.1 da Lei de axuizamento civil, contra esta sentencia non cabe recurso».

E para que lles sirva de notificación á herdanza xacente e aos herdeiros descoñecidos e incertos de José María Méndez Rodríguez, esténdese o presente edicto.

Ordes, 24 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza