Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20632

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (240/2020).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, por este edicto

Anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de Víctor Fernández Picos e María Teresa López Armesto fronte a Cleofé Saldaña de la Fuente, se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«María Isabel Suárez García, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense e do seu partido xudicial, dita a seguinte sentenza:

Ourense, 3 de marzo de 2021.

Vistos por min, sen vista pública, estes autos do xuízo ordinario rexistrados co número 240/2020, sobre reclamación de cantidade, por importe de sete mil euros (7.000,00 euros), en que son partes, como demandante, Víctor Fernández Picos, con DNI 33827510-F, que compareceu representado pola procuradora Sra. López Calvete e asistido polo letrado Bernardo Fernández López, e, como parte demandada, herdeiros de Enrique Dorribo Ribao e Cleofé Saldaña de la Fuente, con DNI 34557269-E, en rebeldía procesual, dítase esta sentenza baseada nos seguintes (seguen antecedentes de feito, feitos probados e fundamentos xurídicos).

Decido:

Estimar a demanda presentada por Víctor Fernández Picos, con DNI 33827510-F, representado pola procuradora Sra. López Calvete, contra herdeiros descoñecidos de Enrique Dorribo Ribao e Cleofé Saldaña de la Fuente, con DNI 34557269-E, en rebeldía procesual, e, en consecuencia, debo condenar e condeno os demandados de forma solidaria a pagarlle ao demandante o importe de sete mil euros (7.000,00 euros), máis os xuros legais desde a intimación xudicial e os procesuais desde esta resolución, coa imposición das custas procesuais á parte demandada por partes iguais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que na súa contra poderán interpoñer as partes recurso de apelación no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Ourense.

Expídase testemuño desta resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino».

Ao encontrarse a dita demandada, Cleofé Saldaña de la Fuente, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 22 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza