Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2021 Páx. 17039

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (172/2020).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 172/2020, seguido por instancia de Juan Fernández Hernanz contra Malika Bechari, en que, por resolución do 12.1.2021, se ditou a seguinte:

Sentenza.

A Estrada, 12 de xaneiro de 2021.

Vistos por min, Ricardo Antonio López Fernández, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, Xulgado de violencia sobre a muller da Estrada e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos co número 172/2020 por instancia de Juan Fernández Hernanz, representado pola procuradora dos tribunais Sra. Méndez-Benegassi Gamallo, e asistido pola letrada Sra. Bouzón Neira, contra Malika Bechari, que foi declarada en situación de rebeldía procesual, versando sobre privación da patria potestade do menor Juan Miguel Fernández Bechari.

Interveu o Ministerio Fiscal, representado por Alejandro Tuero González.

Parte dispositiva.

Debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Juan Fernández Hernanz, representado pola procuradora dos tribunais Sra. Méndez-Benegassi Gamallo, contra Malika Bechari, que foi declarada en situación de rebeldía procesual e, en consecuencia, acordo privar a Malika Bechari da patria potestade que exercía sobre o seu fillo Juan Miguel e a atribución do exercicio exclusivo da patria potestade ao demandante Juan Fernández Hernanz.

Non procede facer expresa imposición de custas por ser un procedemento de interese público.

Esta resolución é susceptible de recurso de apelación en ambos os efectos ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo dos vinte días seguintes contados desde a súa notificación. Para a interposición do recurso deberase acreditar, no momento de prepararse o recurso, a consignación dun depósito de 50 euros (cincuenta euros) na conta de consignacións e depósitos deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e incorpórese a orixinal ao libro de sentenzas, con dedución de testemuño que se unirá ás presentes actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A Estrada, 8 de febreiro de 2021

O/a letrado/a da Administración de xustiza