Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2021 Páx. 17041

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 997/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/ceses en xeral 997/2019 deste xulgado do social se ditou con data do 3.3.2021 sentenza contra a cal pode interpor recurso de revisión en cinco días, facéndolles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na Secretaría deste órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en forma legal a Hércules de Armamento, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza