Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2021 Páx. 17042

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 726/2020).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 726/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Omar Santiago Príncipe Riera contra o Fondo de Garantía Salarial e Lumaso Telecomunicaciones, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva di:

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Omar Santiago Príncipe Riera contra a entidade Lumaso Telecomunicaciones, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto con efectos do 29 de febreiro de 2020, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data do despedimento (29 de febreiro de 2020), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Lumaso Telecomunicaciones, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 5.282,28 €.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Omar Santiago Príncipe Riera contra a entidade Lumaso Telecomunicaciones, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Lumaso Telecomunicaciones, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.053,79 € brutos por salarios devindicados en febreiro de 2020 e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas no ano 2020, así como o xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito para interpoñeren contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Para que sirva de notificación en legal forma a Lumaso Telecomunicaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza