Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2021 Páx. 17044

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (PO 772/2019).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 772/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Toni Tiuleanu contra Andreea Valentina Marica, sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxa resolución é do seguinte teor literal:

«Resolvo:

Que debo aceptar e acepto a demanda formulada por Toni Tiuleanu contra a empresa e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de cincocentos noventa e oito euros con sesenta e oito céntimos de euro (598,68 euros) polos conceptos reclamados na presente demanda, importe que se deberá ver incrementado co xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores. Con imposición de custas á entidade demandada ata o límite de 600 euros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Paula Ventosa Bermúdez, maxistrada xuíza de adscrición territorial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia adscrita ao Xulgado do Social número 1 exercendo funcións de reforzo».

E para que sirva de notificación en forma legal a Andreea Valentina Marica, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 3 de marzo de 2021

O letrado da Administración de xustiza