Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2021 Páx. 17045

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 24/2021).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 24/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marco Antonio Xusto Gómez contra a empresa Renovación Estética del Automóvil, S.L., sobre ordinario, se ditou con data do 3.3.2021 a dilixencia de ordenación, o auto que despacha a execución impugnable en reposición e o decreto impugnable en revisión no prazo de tres días, os cales se atopan á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en forma legal a Renovación Estética del Automóvil, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou de sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 3 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza