Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2021 Páx. 17038

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (53/2020).

Eu, María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, polo presente edicto anuncio que no presente procedemento ordinario 53/2020 seguido por instancia de José María Fandiño Fernández fronte á comunidade hereditaria de Luis Vilela Louzado se ditou sentenza, cuxo teor literal na súa parte dispositiva é o seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por José María Fandiño Fernández contra á comunidade hereditaria de Luis Vilela Louzado e, en consecuencia, condeno a comunidade hereditaria de Luis Vilela Louzado á elevación a escritura pública do documento privado de compravenda con data do 4 de setembro de 1987 dos inmobles descritos no feito terceiro da demanda, todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que a mesma non é firme e que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que terá que presentarse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 €.

E, atopándose a dita demandada, comunidade hereditaria de Luis Vilela Louzado, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza