Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2021 Páx. 16873

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2021 pola que se ratifica o acordo de extinción da Fundación Clúster Metalúrgico de Galicia e se dispón a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Visto o expediente de extinción da Fundación Clúster Metalúrgico de Galicia, adscrita ao protectorado da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 23 de decembro de 2020, presentouse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia –Edificio Administrativo de Vigo–, a solicitude de ratificación e posterior inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego do acordo de extinción da Fundación Clúster Metalúrgico de Galicia, adoptado polo padroado o 12 de maio de 2020.

Segundo. A Fundación Clúster Metalúrgico de Galicia constituíuse en escritura pública o 23 de abril de 2013, mediante carta fundacional outorgada en Vigo, ante o notario José Antonio Rodríguez González, co nº de protocolo 604, e foi clasificada de interese para a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico por Orde da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 15 de xullo de 2013 (DOG nº 147, do 2 de agosto) e declarada de interese galego por Resolución da Consellería de Economía e Industria (actualmente, Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación) do 9 de agosto de 2013 (DOG nº 163, do 28 de agosto). A devandita fundación figura inscrita na sección correspondente do Rexistro de Fundacións de Interese Galego co número 2013/8.

Terceiro. Os obxectivos da fundación, segundo consta no artigo 3 dos seus estatutos, son a promoción e o desenvolvemento do sector metalúrxico galego para alcanzar un maior nivel de competitividade, innovación e investigación de todo o sector.

A Fundación Clúster Metalúrgico de Galicia colaborará activamente para lograr os obxectivos comúns no ámbito da actividade metalúrxica, singularmente no desenvolvemento de proxectos que contribuirán á creación, acumulación e difusión de coñecemento; na mellora da produtividade a través dunha maior especialización e complementariedade entre as actividades dos seus membros; na innovación, a través da investigación conxunta; e na promoción da visibilidade, importancia estratéxica e boa imaxe do ámbito da actividade metalúrxica, nos seus ámbitos de competencia.

Cuarto. O padroado da fundación, na súa reunión do 12 de maio de 2020, acordou a extinción da fundación, por non poder realizar o fin fundacional.

Quinto. No expediente tramitado consta a seguinte documentación:

– Certificado do acordo de extinción adoptado polo padroado.

– Memoria xustificativa da causa da extinción.

– As contas da fundación na data de adopción do acordo.

– Proxecto de distribución dos bens e dereitos resultantes da liquidación.

Consideracións legais:

Primeira. Esta consellería resulta competente para ratificar o acordo adoptado polo padroado da fundación en virtude do disposto no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, en relación co artigo 47 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego (en diante Lei 12/2006).

De acordo co disposto no artigo 7.2.b) do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego (en diante Decreto 15/2009), corresponde á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a inscrición na sección correspondente do Rexistro de Fundacións de Interese Galego de todos os actos relativos ás fundacións sobre as cales exerza o protectorado.

Segunda. O artigo 44.1.c) e 3 da Lei 12/2006 establece entre as causas de extinción das fundacións a imposibilidade de realización do fin fundacional e que para tal efecto é necesario o acordo favorable do padroado ratificado polo protectorado. O mesmo artigo establece no número 6 que o acordo de extinción se inscribirá no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Terceira. O acordo de extinción adoptouse de conformidade cos requisitos establecidos na normativa vixente e nos estatutos da fundación e foi aprobado por acordo do padroado, coas maiorías previstas no Regulamento de fundacións de interese galego. No expediente tramitado consta a memoria xustificativa da causa de extinción e demais documentación establecida no artigo 44 da Lei 12/2006 e no artigo 48 do Decreto 14/2009, de 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego (en diante Decreto 14/2009).

Polo exposto, e de conformidade co establecido na Lei 12/2006, no Decreto 14/2009 e no Decreto 15/2009, e demais normativa de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Primeiro. Ratificar o acordo de extinción da Fundación Clúster Metalúrgico de Galicia adoptado polo padroado na súa reunión do 12 de maio de 2020.

Segundo. Ordenar a inscrición do acordo de extinción no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, Sección da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2021

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación
P.D. (Orde do 10.6.2016; DOG nº 131, do 12 de xullo)
Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Empresa e Innovación