Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 8 de marzo de 2021 Páx. 13734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2020/52 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: reforma do parque de 20 kV da subestación da rúa Conde (Lugo).

Situación: concello de Lugo.

Visado: si, Colexio oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid, con número de visado 201600911, en data 18 de marzo de 2016.

Características técnicas principais:

• Situación actual da S.E. na rúa Conde, sistema de 20 kV.

Planta baixa: formada por dous grupos de celas, un conxunto de sete (7) celas de cachotaría, con aparellaxe convencional illado en aire con dobre barra e un conxunto de tres (3) celas blindadas illadas en SF6.

Entresollado: formada por dous grupos de celas, un conxunto de seis (6) celas illadas en aire de simple barra (barras III) e un conxunto de seis (6) celas illadas en aire de simple barra (barras IV).

Servizos auxiliares e trafo aboado formados por un transformador trifásico de 315 kVA, desde o que se alimenta o armario de SS.AA. CA e CC para alimentar en 380/220 Vca os equipos da S.E.

Control e protección formados polo cadro de control, armario ATM, armario da remota, equipo rectificador-batería de 48 Vcc de subestación, equipo rectificador-batería de 48 Vcc de telemando, armarios de distribución de SS.AA. de 380/220 Vca e 48 Vcc.

• Alcance da reforma:

Consiste na renovación completa do parque de 20 kV substituíndo as celas existentes de tres tecnoloxias diferentes por novas celas blindadas de distribución primaria con illamento en SF6 e control integrado.

Renóvanse tamén os armarios de distribución de corrente alterna e continua para servizos auxiliares da S.E., pasando todas as alimentacións de protección e control a 125 Vcc.

Desde o punto de vista eléctrico prevense tres situacións:

1) Situación inicial, descrita anteriormente.

2) Situación intermedia, na cal a S.E. está en funcionamento só coas celas blindadas existentes e déixanse fóra de servizo as celas de cachotaría.

3) Situación final, coa S.E. funcionando coas novas celas e equipos.

• Situación final da S.E. rúa Conde, sistema de 20 kV.

Unha vez rematada a reforma, o sistema de 20 kV queda formado por un conxunto de dezanove (19) celas blindadas e de illamento en SF6 e en configuración de simple barra partida coa seguinte composición:

Trece (13) posicions de liña.

Unha (1) posición de transformador de aboados e SS.AA.

Unha (1) posición de SS.AA.

Unha (1) posición de acoplamento de barras lonxitudinal.

Unha (1) posición de remonte.

Dúas (2) posicions de medida de barras.

Trafo de aboados, quedará montado un transformador seco de 300 kVA.

Servizos auxiliares, quedarán formados por un transformador seco de 160 kVA, un equipo rectificador batería de 125 Vcc, un armario de servizos auxiliares de 125 Vcc (A2), dous armarios de chegada de TSA (A01 e A02), un armario de servizos auxiliares de CA (A1) e un armario de comunicacions (C1).

Control e protección, dotarase a S.E. Conde dun sistema de control e protección integrado e substitución do control convencional existente, para o cal se substitúen os armarios de control existentes por un armario de servizos xerais e novas unidades de control e protección de posición (UCP) montadas nas celas de 20 kV.

Será necesario incrementar a lonxitude das liñas de media tensión que conflúen na S.E. para chegar ás novas posicións.

– Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

– Orzamento: 609.458,00 €.

– Documentación complementaria:

• Separata para o Concello de Lugo.

Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e deberá realizar a dirección de obra un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

En relación coa instalación de baixa tensión, deberase seguir o disposto no artigo 18 do Real decreto 842/2002 para a súa posta en servizo, así como na súa instrución ITC-BT-04, e deberase achegar no seu momento a documentación exixida con carácter previo á posta en servizo da instalación, para a súa revisión por esta administración e posterior inscrición da instalación no correspondente rexistro.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 25 de febreiro de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo