Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 8 de marzo de 2021 Páx. 13728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Pena Ombra, situado nos concellos de Guitiriz (Lugo), Curtis e Sobrado dos Monxes (A Coruña) e promovido por Greenalia Wind Power, S.L.U. (expediente IN408A 2017/40).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Greenalia Wind Power, S.L.U.

Domicilio social: praza María Pita, nº 10, 1º, 15001 A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico Pena Ombra.

Municipios afectados: concellos de Guitiriz (Lugo), Curtis e Sobrado dos Monxes (A Coruña).

Potencia a instalar: 45 MW.

Produción neta anual estimada: 146.178 MW h/ano.

Orzamento total: 49.374.257,94 euros (IVE incluído).

Prazo de execución: 12 meses.

Localización (área de afección):

Vértice poligonal

Parque eólico Pena Ombra

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

1

586.037

4.773.533

2

586.732

4.774.134

3

585.865

4.779.786

4

584.961

4.779.786

Aeroxerador

Parque eólico Pena Ombra

ETRS89

Concello

UTM29N-X

UTM29N-Y

AE 01

585.454

4.779.030

Curtis

AE 02

585.524

4.778.671

Curtis

AE 03

585.619

4.778.331

Guitiriz

AE 04

585.653

4.778.007

Curtis

AE 05

585.715

4.777.644

Curtis

AE 06

585.832

4.777.296

Guitiriz

AE 07

585.918

4.776.928

Guitiriz

AE 08

585.980

4.776.560

Guitiriz

AE 09

586.083

4.775.718

Guitiriz

AE 10

586.110

4.775.286

Sobrado

Subestación

Parque eólico Pena Ombra

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

SET Pena Ombra

585.460

4.778.849

Torre meteorolóxica

Parque eólico Pena Ombra

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

TM.1

585.961

4.776.741

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico son as seguintes:

– 10 aeroxeradores modelo L136-4,5 MW do fabricante Lagerwey ou similar de 4.500 kW de potencia nominal unitaria cunha altura de buxeiro de 111 metros e cun diámetro de rotor de 136 metros.

– 10 centros de transformación, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador, formados por transformadores de 5.000 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,69/30 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

– Rede subterránea de media tensión (30 kV), con condutor tipo RHZ1-2OL 18/20 kV, para a evacuación da enerxía xerada e interconexión entre os centros de transformación 0,69/30 kV e a subestación transformadora 30/132 kV.

– Subestación transformadora 30/132 kV, con edificio de control, transformador de potencia trifásico de 50/60 MVA ONAN/ONAF, transformador de servizos auxiliares de 50 kVA de potencia nominal e relación de transformación 30/0,4 kV, equipos de seccionamento, medida, protección, telemando e demais elementos auxiliares.

– Rede de terras xeral con condutor Cu-50 mm2, de xeito que as instalacións electromecánicas e o centro de control/colector do parque eólico forman un conxunto equipotencial.

– 1 torre meteorolóxica de 111 m de altura.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e pola demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: o proxecto de execución, o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a relación de bens e dereitos afectados para os efectos da declaración de utilidade pública.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da sección de Enerxía das xefaturas territoriais da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83/981 18 49 23), e de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 88 90 87/ 982 29 46 66); así como nos concellos de Guitiriz (Lugo), Curtis e Sobrado dos Monxes (A Coruña) e tamén na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, con cita previa no correo electrónico subdireccion.enerxia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 45 79 e 981 54 55 73. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A dita documentación estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias das xefaturas territoriais da Coruña e de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, así como na Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación que se insire como anexo desta resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que, no prazo e ante os órganos sinalados nos dous parágrafos anteriores, poidan presentar as alegacións que estimen oportunas no prazo de 30 días contados a partir da última publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2021

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados do parque eólico Pena Ombra

Finca

Propietario

Parcela

Afeccións (m2)

Titularidade

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servi. de paso

Servi. voo

Ocupac. temp. (acopios)

Pol.

Parc.

Cim.

Plat.

T. met.

Sub.

Vieiro

Gabia

CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)

1

MVMC de Santa Marina
Presidente: Ramón Iglesias Díaz

279

26

Cordal

Piñeiral

 

1.684

 

 

2.559

 

3.496

 

2

MVMC de Santa Marina
Presidente: Ramón Iglesias Díaz

279

27

Cordal

Piñeiral
improdutivo

 

 

 

 

2.035

 

 

2.167

3

MVMC de Mariz exp. 25/75
Presidente: Ángel Tomé Roca

279

180

Cordal

Piñeiral
improdutivo

338

7.275

 

 

9.655

 

13.062

1

4

MVMC de Mariz exp. 25/75
Presidente: Ángel Tomé Roca

278

594

Cordal Hombral

Piñeiral
improdutivo

349

6.811

 

 

5.857

933

7.949

 

5

MVMC de Mariz exp. 25/75
Presidente: Ángel Tomé Roca

278

593

Cordal Pardieiro

Piñeiral
improdutivo

655

8.288

1.570

 

7.383

1.226

10.543

 

6

MVMC de Mariz exp. 25/75
Presidente: Ángel Tomé Roca

277

24

Cordal Coutadas

Piñeiral
improdutivo

347

3.756

 

 

6.569

655

3.464

 

7

MVMC de Mariz exp. 25/75
Presidente: Ángel Tomé Roca

277

20

Cordal Coutadas

Piñeiral
improdutivo

 

 

 

 

1

5

1.261

 

8

Ayuntamiento de Guitiriz (77,9 %)
Hdos. José María Bayo Pérez (22,1 %)

277

23

Cordal Coutadas

Monte baixo

 

364

 

 

343

254

1.819

 

8-1

MVMC de Santa Marina
Presidente: Ramón Iglesias Díaz

260

251

Cordal

Piñeiral

1.441

8-2

MVMC de Santa Marina
Presidente: Ramón Iglesias Díaz

260

250

Cordal

Piñeiral

173

8-3

MVMC de Santa Marina
Presidente: Ramón Iglesias Díaz

260

42

Cordal

Piñeiral

569

CONCELLO DE CURTIS (A CORUÑA)

9

Descoñecido
(Fiscalía Provincial da Coruña)

39

1685

Cordal

Matogueira

 

 

 

 

 

 

1.392

 

10

López Lodeiro, Francisco Javier

39

8020

Cordal

Matogueira

371

324

 

 

1

14

3.158

 

11

Concello de Curtis

39

8040

Cordal

Matogueira

359

5.112

 

8.194

 

251

4.475

 

12

Concello de Curtis

39

8080

Cordal

Matogueira

 

2.673

 

 

330

1.128

5.897

 

13

Platero Peteiro, Jesús Antonio

39

1785

Arriba da Pista

Matogueira

249

2.121

 

 

13

86

1.926

 

14

Morandeyra Fajardo de Andrade, María de las Mercedes

39

8300

Arriba da Pista

Matogueira

129

150

 

 

20

668

3.413

 

15

Castro Casanova, José Antonio

39

1717

Cordal

Matogueira

335

2.661

 

 

38

386

5.533

 

16

Morandeyra Fajardo de Andrade, María de las Mercedes

39

8300

Arriba da Pista

Matogueira

 

773

 

 

 

 

1.825

 

17

Hdros. Mercedes Pita Wonenburguer
Rpte.: Juan José Cacho Pita

39

8250

Pita Blanca

Matogueira

 

 

 

 

 

 

2.282

 

18

MVMC de Mariz exp. 25/75
Presidente: Ángel Tomé Roca

39

1751
1681

Monte das Penas

Matogueira

 

3.662

 

 

 

1.613

6.353

 

18-1

Descoñecido

36

740

Montes de arriba

Matogueira

59

18-2

Castro Rico, Manuel

Castro Rico, José Luis

Castro Roca, Jesús Ángel

Castro Roca, Magín

Castro Rico, Julio

36

739

Montes de arriba

Matogueira

644

18-3

Finca Bosqueval, S.L.

36

729

Monte Estraviz

Matogueira

2.130

CONCELLO DE SOBRADO DOS MONXES (A CORUÑA)

20

Carpiwo Inversiones, S.L.

17

3

Cordal

Matogueira

387

6.487

 

 

1.908

89

10.803

 

Afeccións en metros cadrados (m²):

• Superficie de pleno dominio:

Cimentación (Cim.): cimentación do aeroxerador.

Plataforma (Plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador.

Torre meteorolóxica (T. met.): plataforma da torre meteorolóxica.

Subestación (Sub.): subestación eléctrica.

• Servidume de paso:

Vieiro: dereito de paso polos vieiros polas cales circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalación do parque eólico.

Gabia: servidume de paso da líña eléctrica soterrada.

• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (Serv. voo).

• Outras afeccións:

Ocupación temporal (Ocup. temp.): ocupación de terreos durante o período de duración das obras. Serve temporalmente como almacén de materiais, montaxe de guindastres, almacén de pas e outros compoñentes dos aeroxeradores, etc.