Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 8 de marzo de 2021 Páx. 13738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a convocatoria para o pagamento do prezo xusto acordado polo Xurado de Expropiación de Galicia, do proxecto eléctrico denominado LMTS nova saída da subestación de Cangas, no concello de Moaña.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, ignórese o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de pagamento do prezo xusto polas imposicións de servidume de paso para a execución do proxecto eléctrico denominado LMTS nova saída subestación de Cangas, no concello de Moaña, acto que se realizará nas dependencias municipais do referido concello, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por se ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 22 de febreiro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/005-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS nova saída subestación de Cangas.

Concello: Moaña.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data

Hora

2

Ameixoada

Descoñecido

13.4.2021

12

17

Ameixoada

Descoñecido

13.4.2021

12

19

Ameixoada

Descoñecido

13.4.2021

12

20

Ameixoada

Descoñecido

13.4.2021

12

25

Ameixoada

Descoñecido

13.4.2021

12

29

Ameixoada

Descoñecido

13.4.2021

12

33

Ameixoada

Descoñecido

13.4.2021

12