De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e sendo infrutuosa a notificación efectuada aos propietarios dos predios que se sinala no anexo, por ser estes descoñecidos, a continuación publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE; sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no sinalado artigo 44, este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados son informados de que o expediente IN407A 2021/007-3, correspondente á instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA VLL813 entre apoios 119 e 129, está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º andar (Servizo de Enerxía e Minas). O proxecto tamén se encontra dispoñible para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica.
Ourense, 22 de febreiro de 2021
Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2021/007-3.
Termo municipal: Esgos.
Denominación da instalación: Regulamentación LMTA VLL813 entre apoios 119 e 129.
Predio nº: 1.
Lugar: Regueiro.
Cultivo: prado.
Referencia catastral: 32032A009004390000JU.
Titular: herdeiros de Antonio Fernández González.
Enderezo: descoñecido.
Afección: 2 m² de ocupación para o apoio 120.
Predio nº: 2.
Cultivo: matogueira.
Lugar: Gurpilleira.
Referencia catastral: 32032A009004760000JW.
Titular: José Fernández Formoso.
Enderezo: descoñecido.
Afección: 2 m² de ocupación para o apoio 121.
Predio nº: 3.
Lugar: Portamieiras.
Cultivo: matogueira.
Referencia catastral: 32032A009004840000JQ.
Titular: María Josefa Ferrín Formoso.
Enderezo: descoñecido.
Afección: 2 m² de ocupación para o apoio 123.
Predio nº: 4.
Lugar: Portamieiras.
Cultivo: labradío.
Referencia catastral: 32032A009005050000JH.
Titular: herdeiros de Rosa Blanco Lorenzo.
Enderezo: descoñecido.
Afección: 2 m² de ocupación para o apoio 124.
Predio nº: 5.
Paraxe: Selvela.
Cultivo: carballeira.
Referencia catastral: 32032A009005240000JK.
Titular: herdeiros de Filomena Seara González.
Enderezo: descoñecido.
Afección: 2 m² de ocupación para o apoio 125.