De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e sendo infrutuosa a notificación aos propietarios dos predios que se sinalan no anexo, por seren estes descoñecidos, a seguir publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE; sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no sinalado artigo 44, este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados son informados de que o expediente IN407A 2021/6-3, correspondente á instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT ALB803-Apoio nº D38-23, está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, na rúa Curros Enríquez nº 1-3º andar (Servizo de Enerxía e Minas). O proxecto tamén se encontra dispoñible para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:
(https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).
Ourense, 22 de febreiro de 2021
Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2021/6-3.
Termo municipal: O Carballiño.
Denominación de la instalación: regulamentación LMTA ALB803-apoio nº D38-23.
Predio nº: 1.
Lugar: Contos de Arriba.
Referencia catastral: 32020A049004640000RL.
Titular: descoñecido.
Afección: 2 m² de ocupación para o apoio D38-21.
Predio nº: 2.
Lugar: Castiñeiro.
Referencia catastral: 32020A049009070000RP.
Titular: descoñecido.
Afección: 2 m² de ocupación para o apoio D38-22.
Predio nº: 3.
Lugar: Castiñeiro.
Referencia catastral: 32020A049004100000RD.
Titular: descoñecido.
Afección: 2 m² de ocupación para o apoio D38-23.