Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Parque Eólico Monte Tourado, no concello de Vimianzo (expediente IN661A 2010/5-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que se detalla.
O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situada no Edificio Administrativo Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (solicitarase cita previa no teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes valoracións ao enderezo que sinalen.
Unha vez transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 22 de febreiro de 2021
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN661A 2010/5-1.
Entidade beneficiaria: Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.L.U.
Denominación da instalación: Parque Eólico Monte Tourado.
Concello: Vimianzo.
Predios |
Lugar |
Titularidade proposta |
189 |
Monte do Castro |
Descoñecida |
214 |
Castro |
Descoñecida |