Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2021 Páx. 10523

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín

EDICTO de notificación de sentenza (F02 54/2018).

Eu, José Otero Ruibal, letrado da Administración de xustiza de Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín, fago saber que neste xulgado se ditou sentenza nº 9, de data do 13 de xaneiro de 2020, en procedemento de familia, garda e custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial consensuado, presentada por L. G. R., representada pola procuradora Sra. Hermida Paredes, fronte a Mouhamed Diop, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Estimando a demanda formulada pola procuradora dos tribunales M. P. Hermida Paredes, en nome e representación de L. G. R., fronte a Mouhamed Diop, debo aprobar e aprobo o convenio regulador subscrito por ambas as partes, en data 14 de outubro de 2019, coas seguintes medidas:

– A garda e custodia do fillo menor, S. D. G. outórgase á nai L. G.R.

– A patria potestade exerceraa exclusivamente a nai, L. G. R., en interese e beneficio do menor.

– Establécese como domicilio do menor, o domicilio da nai, sito en Marín; calquera cambio de domicilio será comunicado ao pai.

– O pai entregará á nai, en concepto de alimentos para o seu fillo menor, a cantidade de cento cincuenta euros mensuais (150 €), a dita cantidade será aboada na conta bancaria da entidade Abanca ES** **** **** **** **** **** e actualizada anualmente conforme as variacións que experimente o IPC que publica o INE ou organismo que o substitúa no mes de xaneiro de cada ano.

Fixarase a pensión de alimentos para o menor no 30 % dos ingresos do pai, sempre que puidesen ser acreditados.

– En canto aos gastos extraordinarios que se deriven do coidado e educación do menor, deberán ser acreditados documentalmente, sufragados por metade por ambos os proxenitores, e ingresados na conta bancaria designada. Considérense gastos extraordinarios necesarios:

1. En canto aos médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social, os gastos de odontólogo, óptico, próteses ortopédicas, vacinas e outros análogos.

2. En canto aos escolares, a gardería e, se é o caso, os xerados a principio do curso escolar, tales como matrículas, material escolar, libros, uniforme, excursións, cota de ANPA, seguro escolar e clases de apoio e reforzo que poida precisar o menor e que o Centro Educativo informase deles.

3. Gastos extraordinarios non necesarios. Outros gastos derivados do coidado do menor. A necesidade de tales gastos deberá ser comunicada en cada momento ao proxenitor non custodio, que se entenderá que presta o seu consentimiento, se expresamente non se opón a este no prazo de cinco días.

– O pai poderá visitar o menor e telo na súa compañía:

Unha vez terminado o tempo de lactación e ata que o menor cumpra tres anos: un sábado ao mes, das 11.00 ás 13.00 horas, debendo desprazarse á localidade de Marín, recollendo e reintegrando o menor no domicilio materno.

Cando o fillo menor S., cumpra 3 anos de idade en diante, e sempre que se cumpriu o punto anterior, o réxime de visitas será o seguinte:

– Fins de semana: o pai poderá visitar o seu fillo S. e telo na súa compañía, as fins de semana alternas, o sábado desde as 11.00 ata as 18.00 e o domingos desde as 11.00 ata as 18.00 horas, sen pernoitas, retornando o menor ao domicilio da nai.

As vacacións escolares dividiranse da seguinte forma:

– Vacaciones de Nadal, divídense en dous períodos, desde o día de finalización do colexio ata o día ao 30 de decembro e desde o 30 de decembro ata o día 7 de xaneiro, o pai poderá estar en compañía do menor cada día do seu período vacacional, desde as 11.00 ás 18.00 horas, sen pernoitas, retornando o menor ao domicilio da nai.

– Vacaciones de verán, divídense por dous períodos, o primeiro período do 1 ao 15 de xullo e do 1 ao 15 de agosto e o segundo período do 15 ao 31 de xullo e do 15 ao 31 de agosto.

As entregas e recollidas realizaraas no domicilio do menor o seu pai ás 11.00 horas e o retorno fíxase ás 20.00 horas.

Acórdase que as visitas se realizarán sempre na localidade de Marín, en todos os casos, as recollidas e entregas faraas o pai no domicilio materno, preavisando con 15 días de antelación, sendo este quen se desprace a Marín, asumindo os gastos de desprazamento para a visita ao menor.

Nos anos pares corresponderalle á nai elixir período e nos anos impares ao pai; notificarase ao outro con quince días de antelación, salvo que, de común acordo entre os proxenitores, se varíe esta elección.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas procesuais deste xuízo.

Comuníquese a presente sentenza ao Rexistro Civil de Madrid onde consta a inscrición de nacemento do menor ao que se refiren as medidas definitivas adoptadas, para os efectos da súa anotación marxinal.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que esta só poderá ser recorrida, en interese do fillo menor, polo Ministerio Fiscal (artigo 777.8 da LEC).

Por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC polo presente edicto notifícase a Mouhamed Diop, por acharse en ignorado paradoiro.

Marín, 11 de xaneiro de 2021

O letrado da Administración de xustiza