Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2021 Páx. 10521

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2363/2020 XP).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2363/2020 desta sección, seguidos por instancia de Diseño Naval e Industrial, S.L., Manuel José Suárez García-Diego, José Antonio Suárez Sambade, María Belén García-Diego Pérez, María Pilar Suárez García Diego, José Antonio Suárez García Diego contra as empresas Montajes Indunor, S.A., Izar Construcciones Navales Sael, Navantia, S.A., Hostelería Asturiana, S.A., Bertrand Faure España, S.A., Proelectrónica Sur, S.A., Abance Ingeniería y Servicios, S.L., Naviera del Atlántico, S.A., Esso Española, S.A., Compañía Trasatlántica Española, S.A. e Naviera Lagos, S.A. sobre outros dereitos Seguridad Social, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que estimando en parte o recurso interposto pola representación procesual de María Belén García-Diego Pérez, Manuel José Suárez García-Diego, María Pilar Suárez García-Diego, e José Antonio Suárez García-Diego, e desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da empresa Diseño Naval e Industrial, S.L. (DINAIN), contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, con data de vinte e un de marzo do ano dous mil dezanove, en proceso promovido por María Belén García-Diego Pérez, Manuel José Suárez García-Diego, María Pilar Suárez García-Diego, e José Antonio Suárez García-Diego, como sucesores procesuais de José Antonio Suárez Sambade, fronte ás empresas Izar Construcciones Navales, S.A., Navantia, S.A., Hostelería Asturiana, S.A., Bertrand Faure España, S.A., Proelectrónica Sur, S.A., Diseño Naval e Industrial, S.A., Abance Ingeniería y Servicios, S.L., Montajes Indunor, S.A., Naviera del Atlántico, S.A., Esso Española, S.A., Compañía Trasatlántica Española, S.A. e Naviera Lagos, S.A., a sala revógaa en parte, fixando a indemnización na cantidade de 45.345,30 € (corenta e cinco mil trescentos corenta e cinco euros con trinta céntimos), mantendo o resto de pronunciamentos.

De acordo co disposto nos artigos 203 e 204 da Lei da xurisdición social, debe darse o destino legal aos depósitos e consignacións para recorrer efectuados polos recorrentes. A empresa demandada-recorrente, conforme o artigo 235.1 da Lei da xurisdición social, debe aboar os honorarios do letrado dos demandantes-impugnantes do seu recurso por importe de cincocentos cincuenta euros (550 €).

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interponer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, pola esta nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Montajes Indunor, S.A., Naviera del Atlántico, S.A., Esso Española, S.A., Compañía Trasatlántica Española, S.A. e Naviera Lagos, S.A., todas elas en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza