Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2021 Páx. 10526

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 92/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 92/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Eva Monteagudo López contra Limpintegra XXI, S.L., Mantelnor Limpiezas, S.L., administración concursal Lexaudit Concursal, S.L.P. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a Resolución do 8 de xaneiro de 2021 en cuxa sentenza consta:

Sentenza

Estímase parcialmente a demanda interposta por María Eva Monteagudo López fronte á empresa Limpintegra XXI, S.L., a súa administración concursal e Mantelnor Limpiezas, S.L., e en consecuencia:

– Absólvese Mantelnor Limpezas, S.L. das prestacións fronte a ela dirixidas.

– Condénase a empresa Limpintegra XXI, S.L. a aboar a María Eva Monteagudo López a cantidade de mil vinte e sete euros con cincuenta e un céntimos de euro (1.027,51 euros), vinculando tales cantidades ao seu administrador concursal.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra a mesma non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e este deberase anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Esta sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, en audiencia pública. Dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Limpintegra XXI, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza