Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9952

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 748/2020).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 748/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Marín Lamas contra o Fondo de Garantía Salarial, Jardanay, S.L.; Delicatessen, S.L. e Vi&Va Delicatessen, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza coa seguinte parte dispositiva:

Resolvo:

Dáse por desistida a Mercedes Marín Lamas na demanda promovida fronte á entidade Jardanay, S.L.

Que debo admitir e admito a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Mercedes Marín Lamas contra a entidade Viva Delicatessen, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto con efectos do 10 de setembro de 2020, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data do despedimento (10.9.2020), e condeno a entidade Viva Delicatessen S.L. ao aboamento a Mercedes Marín Lamas dunha indemnización por despedimento a razón de 1.535,83 €.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en forma legal a Vi&Va Delicatessen, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza