Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9950

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3369/2020-RMR).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Sala do Social A Coruña.

Secretaría Sra. Freire Corzo-RMR.

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 3369/2020.

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 839/2019 Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Edicto.

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 3369/2020, seguido por instancia de Germán Hermida Núñez contra Sociedade Deportiva Octavio Vigo e Fogasa, sobre Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo avogado Alberto González González, en nome e representación de Germán Hermida Núñez, contra a sentenza do 29 de xuño de 2020, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, en autos 839/2019, seguidos por instancia do recorrente contra o Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada. Sen custas.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria dende unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación a Sociedade Deportiva Octavio Vigo, actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en Vigo, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza