Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 16 de febreiro de 2021 Páx. 9953

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (PO 106/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 106/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julia Medela Casal contra a empresa Siberian-Wolf, S.L., sobre ordinario, foi ditada no 21.1.2021 sentenza impugnable en suplicación no prazo de cinco días que se encontra disponible na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Siberian-Wolf, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza