Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte Penas (ampliación), no concello de Monterroso (expediente 2/2018).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 11.1.2021 na sala de xuntas da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal, e coa asistencia dos vogais Miguel Ángel Cela González, Mª Esmeralda Mouriz Fernández e Antonio José López-Acuña Herrero, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

– Nome: Penas (ampliación).

– Pertenza: veciños da parroquia de Penas.

– Parroquia: Penas.

– Concello: Monterroso.

– Superficie: 4,17 hectáreas.

Na seguinte táboa indícanse as referencias catastrais das parcelas clasificadas, así como das estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcelas clasificadas

Estremas

27032A04100103

002500300NH94B

Norte

27032A04109012

27032A04100101

27032A04100090

Leste

27032A04100090

27032A04100091

Sur

27032A04100106

27032A04100105

Oeste

27032A04109016

27032A04100132

Tendo en conta esta ampliación, o MVMC de Penas conta cunha superficie global de 167,74 hectáreas.

Contra esta resolución, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. O anterior, en relación co precepto legal recollido no artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e no artigo 28 do seu regulamento.

Lugo, 15 de xaneiro de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file