Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fan públicas as resolucións polas que se revisan autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), fanse públicas ás seguintes resolucións:

Instalación: explotación avícola de 258.570 prazas de polos de ceba por ciclo produtivo

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Cooperativa Agroganadera de A Piúca, S.C.G.

Núm. de rexistro AAI: 2007/0084_NAA/IPPC_159

Localización: concello de Maceda (Ourense)

Expediente de revisión AAI: 2019-IPPC-M-58

Instalación: explotación avícola de galiñas poñedoras

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Granja Amistad de Orense, C.B.

Núm. de rexistro AAI: 2007/0049_NAA/IPPC_133

Localización: concello de Taboadela (Ourense)

Expediente de revisión AAI: 2019-IPPC-M-50

Instalación: granxa de porcas reprodutoras

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Excorrigal, S.L.

Núm. de rexistro AAI: 2007/0037_NAA/IPPC_226

Localización: concello de Teo (A Coruña)

Expediente de revisión AAI: 2019-IPPC-M-155

Estas resolucións poderán consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático