Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade das resolucións das modificacións non substanciais das autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316 do 31.12.2016), dáse publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: central térmica e vertedoiro de residuos non perigosos das Pontes

Modificación da autorización ambiental integrada

Titular: Endesa Generación, S.A.

Núm. de rexistro AAI: 2005/0479_AIA/IPPC_025

Localización: concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

Instalación: planta de almacenamento e xestión de residuos

Trámite: cambio de denominación social da empresa titular da autorización

Antiga razón social: Lajo y Rodríguez, S.A.

Nova razón social: Derichebourg España, S.A.

Expediente núm. 2020-IPPC-M-152

Localización: concello do Porriño (Pontevedra)

Autorización: 2014-IPPC-103-272

Instalación: fábrica de fariña e aceite de peixe

Trámite: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Conserveros Reunidos, S.L. (Conresa)

Expediente núm. 2020-IPPC-M-144

Localización: concello de Aguiño (A Coruña)

Autorización: 2004/0318_NAA/IPPC_012

Instalación: planta de elaboración de preparados de produtos del mar

Trámite: modificación no substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Pescanova España, S.L.

Expediente núm. 2020-IPPC-M-157

Localización: ayuntamiento de Redondela (Pontevedra)

Autorización: 2016-IPPC-I-87

Instalación: complexo industrial de tratamento de subprodutos cárnicos non destinados a consumo humano e planta de coincineración (gasificación+combustión) de fariñas de carne e óso de categoría 1

Modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Gestora de Subproductos de Galicia, S.L. (Gesuga, S.L.)

Expediente núm: 2020-IPPC-M-122

Localización: concello de Cerceda (A Coruña)

Núm. rexistro AAI: 2005/0009_NAA/IPPC_009

Instalación: explotación avícola con capacidade para 252.000 galiñas poñedoras con planta de clasificación e envasamento de ovos e planta de ovoprodutos en Ximonde

Modificacións non substanciais da autorización ambiental integrada

Modificación 1: eliminación do punto de vertedura da CBR

Expediente mod. 1: 2019-IPPC-M-136

Modificación 2: construción dun local para a incorporación dun novo equipamento de limpeza e proceso, instalación dunha nova sala-laboratorio I+D onde se pretenden elaborar prototipos de alimentos baseados en derivados do ovo e adquisición de maquinaria e equipamentos que complementen o actual proceso de fabricación na planta de clasificación e envasamento de ovo e na planta de ovoproduto do complexo industrial

Expediente mod. 2: 2020-IPPC-M-77

Titular: Granja Campomayor, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2010-IPPC-1021-254

Localización: concello de Palas de Rei (Lugo)

Instalación: central térmica de Meirama

Modificación da autorización ambiental integrada

Titular: Naturgy Generación, S.L.U.

Núm. de rexistro AAI: 2006/0319_NAA/IPPC_044

Localización: concello de Cerceda (A Coruña)

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático