Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte Sampaio de Acedre (ampliación), no concello de Pantón (expediente 2/2019).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 11.1.2021 na sala de xuntas da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal, e coa asistencia dos vogais Miguel Ángel Cela González, Mª Esmeralda Mouriz Fernández e Antonio José López-Acuña Herrero, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificación como veciñal en man común o seguinte monte:

– Nome: Sampaio de Acedre (ampliación).

– Pertenza: veciños da parroquia de Acedre.

– Parroquia: Acedre.

– Concello: Pantón.

– Superficie: 1,54 hectáreas.

Na seguinte táboa indícase a referencia catastral da parcela clasificada, así como das estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcela obxecto de clasificación

Estremas

27041A058009640000AF

Norte

27041A05809005

27041A05800270

Leste

27041A05800160

27041A05800161

27041A05800163

27041A05800165

27041A05800953

27041A05800171

27041A05800173

27041A05800174

27041A05800179

Sur

27041A05800939

27041A05800269

Oeste

27041A05800268

27041A05800266

27041A05800261

27041A05800262

27041A05800265

Tendo en conta esta ampliación, o MVMC de Sampaio de Acedre conta cunha superficie global de 221,17 hectáreas.

Contra esta resolución, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. O anterior, en relación co precepto legal recollido no artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e no artigo 28 do seu regulamento.

Lugo, 15 de xaneiro de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file