Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente MON-CO-0225-2018 V.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2021

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

Anexo

Expediente: MON-CO-0225-2018V.

Denunciado: 76390403C.

Acto de notificación: notificación de imposición de primeira multa coercitiva.