Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2796

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3707/2020-RMR).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3707/2020 seguido por instancia de Modesta Nieto Muñoz sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Aceptamos o recurso de suplicación formulado por Modesta Nieto Muñoz contra a Sentenza do 7 de abril de 2020, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo no procedemento 830/2019 sobre despedimento e reclamación de cantidades, contra De La Torre Logística, S.L. e outras, revogándoa parcialmente no sentido de que a cantidade en concepto de salarios debidos ascende a 9.911,13 euros, a cuxo pagamento se condenan solidariamente as empresas demandadas, confirmándoa en canto aos restantes pronunciamentos.

Déase aos depósitos e consignacións o destino legal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario na forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para a constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación a Alvarado Frío Distribuciones, S.L.; Transportes Raúl Alvarado Sampayo, S.L.; Herdeiros de Raúl Alvarado, S.L.; Irmáns Alvarado Sampayo, S.L.; Finur Fincas Urbanas, S.L. e Peixenor, CyB, S.L., en paradoiros ignorados pero con últimos domicilios coñecidos na provincia de Pontevedra, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza