Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2777

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 13 do xaneiro de 2021 pola que se modifica a Resolución do 10 de decembro de 2020, pola que se convoca a provisión, polo procedemento de libre designación, do posto de coordinador/a de técnicos/as de laboratorio.

Mediante a Resolución da dirección da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), do 10 de decembro de 2020 (DOG núm 260, do 29 de decembro) convocouse a provisión, polo procedemento de libre designación, do posto de coordinador/a de técnicos/as de laboratorio.

Advertido erro no procedemento de provisión deste posto, conforme o disposto no capítulo VI, sección segunda, artigos 45 a 48 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e no capítulo III, artigos 12 a 16 da Orde da Consellería de Sanidade, do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, cómpre modificar a resolución e as bases desta convocatoria, co obxecto de adaptalas ao procedemento de provisión establecido na normativa vixente.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección, con base no Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG nº 197, do 15 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro. Modificar a Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG núm 260, do 29 de decembro, páxinas 50759 a 50765) pola que se convoca a provisión do posto de coordinador/a de técnicos/as de laboratorio, que se proverá polo procedemento de concurso de méritos e defensa pública dun proxecto relacionado coa xestión de coordinación, nos termos do capítulo VI do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (DOG núm 145, do 29 de xullo), e no capítulo II da Orde da Consellería de Sanidade, do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde (DOG núm 106, do 5 de xuño).

A provisión deste posto efectuarase consonte as bases e o baremo de méritos que constan como anexos desta resolución.

Segundo. Ampliar o prazo de presentación de solicitudes de participación neste proceso, durante os vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Aqueles/as profesionais que na data de publicación da presente resolución presentasen solicitude de participación neste proceso e reúnan os requisitos para a súa admisión deberán complementar a solicitude coa presentación da documentación que se indica nas bases da convocatoria publicadas como anexo desta resolución.

Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2021

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANEXO

Bases

Primeira. Normas xerais

• Posto.

O posto de coordinación de persoal técnico superior que se convoca, cuxas características e as funcións están relacionadas no anexo I.

A coordinación convocada afectará as categorías de persoal técnico superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico ou equivalente.

• Sistema selectivo:

A provisión do posto realizarase polo sistema de concurso de méritos e defensa pública dun proxecto técnico de xestión da respectiva unidade do posto convocado coa seguinte puntuación:

• Unha primeira fase, en que unha comisión valorará os méritos acreditados polos aspirantes nos termos e cos límites establecidos no anexo II: máximo 100 puntos.

• Una segunda fase, que consistirá na defensa publica dun proxecto técnico de xestión da unidade con base na guía do anexo III: máximo 100 puntos.

A comisión avaliadora poderá propoñer que se declare deserta a convocatoria, ademais de por non concorrencia de aspirantes, no caso de que ningún dos participantes acade como mínimo 50 puntos na avaliación do proxecto técnico.

Segunda. Requisitos para participar na convocatoria

Poderán participar na presente convocatoria os/as interesados/as que, na data de finalización do prazo para a presentación de solicitudes, reúnan os seguintes requisitos:

1. Idade. Ter feitos os 16 anos de idade e non exceder a idade de xubilación forzosa.

2. Nacionalidade. Ter a nacionalidade española ou algunha outra que, consonte o disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, permita o acceso ao emprego público.

3. Titulación. Posuír o título oficial de técnico superior ou equivalente (familia profesional de sanidade). No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite a súa homologación ou a credencial de recoñecemento de título para efectos profesionais.

4. Ter a condición de persoal estatutario fixo na categoría de técnicos superiores citada no punto 1, que habilite para acceder ás prazas básicas da correspondente unidade.

5. Estar en situación de servizo activo na dita categoría con destino en ADOS ou na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

6. Acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na categoría e/ou especialidade referida en institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde.

7. Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do correspondente nomeamento.

8. Habilitación. Non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, se é o caso, para a correspondente profesión.

No caso de nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, paro o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro da Unión Europea, nin ter sido separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

De conformidade co establecido no artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, na súa redacción dada pola Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección da infancia e da adolescencia, os profesionais cuxa especialidade implique contacto con menores de 18 anos deberán acreditar como requisito non ter sido condenados por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos.

9. Non ter sido condenados por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos.

Terceira. Solicitudes, documentación e prazo

3.1. Os/as interesados/as en participar na convocatoria deberán presentar solicitude, segundo o modelo de instancia que se xunta como anexo IV, que estará á súa disposición nos puntos de atención ao traballador (PAT) da Dirección de Recursos Humanos e na intranet da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e na intranet de ADOS.

3.2. Xunto coa solicitude, deberase achegar a seguinte documentación acreditativa dos requisitos e méritos das persoas interesadas presentada dentro do prazo da convocatoria:

1. Documento de identificación.

• Documento de identificación: fotocopia do DNI, pasaporte ou documento que acredite a identidade, nacionalidade e data de nacemento do/a interesado/a debidamente compulsada.

2. Documentación acreditativa de cumprimento de requisitos de admisibilidade.

• Orixinal ou fotocopias compulsadas do título de técnico superior de laboratorio de diagnostico clínico. O persoal con praza fixa en ADOS non terá que achegar a titulación ao constar nesta Administración.

• Certificación de servizos prestados expedida polo Servizo Galego de Saúde en que conste a categoría profesional e as datas de prestación do servizo, así como que ten a condición de persoal estatutario fixo na categoría de técnico superior ou equivalente (familia profesional sanidade) que habilite para acceder ás prazas básicas da correspondente unidade, e en situación de activo en ADOS.

Non resulta necesario emitir certificación dos servizos prestados en ADOS ao constaren nesta Administración.

• Certificación acreditativa dos servizos prestados noutras institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde.

• Declaración responsable de non ter sido separado de servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin atoparse inhabilitado con carácter firme para o exercicio de función públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión. No caso dos nacionais doutros Estados, declaración baixo a súa responsabilidade de non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no seu Estado de procedencia o acceso ao emprego público.

• Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias do posto convocado. Sen prexuízo do anterior, a persoa aspirante seleccionada someterase a unha avaliación de saúde polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais de ADOS preferentemente antes da súa incorporación. De non superar a avaliación, e ter iniciado a prestación de servizos logo de audiencia da persoa interesada, cesarase no nomeamento.

• Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais, dependente do Ministerio de Xustiza, no caso de que se deba acreditar non ter sido condenado por sentenza firme pola comisión dalgún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, ou de trata de seres humanos. Alternativamente, poderá presentarse declaración responsable, que se xunta como anexo V, mediante xuramento ou promesa, de non ter sido condenado/a por sentenza firme pola comisión de ningún dos delitos contra a liberdade e indemnidade sexual, así como de trata de seres humanos. A citada declaración incorpora a autorización expresa da Administración para que esta poida comprobar en calquera momento a veracidade da dita declaración, nos termos do artigo 9,2 do Real decreto 1110/2015, do 11 de decembro, polo que se regula o Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

• Compromiso de desempeño do posto convocado en réxime de dedicación exclusiva, para o que deberá achegarse debidamente cuberta a solicitude de percepción do complemento específico (anexo V).

3. Currículo profesional, onde consten os méritos avaliables conforme a orde e a estrutura disposta no anexo II das bases desta convocatoria.

Os méritos que se terán en conta son os recollidos no anexo II e valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, incluído, ao da publicación do anuncia desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Só se terán en conta os méritos que estean debidamente rexistrados no sistema informático Fides-Expediente-e, e que estean debidamente acreditados pola persoa interesada na data de finalización de presentación das solicitudes. Non será obxecto de avaliación ningún mérito introducido no sistema informático e/ou acreditado/a polo/a aspirante con posterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

A acreditación dos méritos alegados realizarase mediante presentación do orixinal ou fotocopia debidamente compulsada.

4. Proxecto técnico.

• Un proxecto técnico de xestión que conterá, como mínimo, un programa de obxectivos e no cal se exporá a proposta da persoa candidata sobre organización, funcións e obxectivos da actividade que desenvolverá, de acordo co recollido no anexo III. O proxecto presentarase en sobre pechado e terá una extensión máxima de 25 páxinas, letra Arial, tamaño de fonte 11 e interliñado 1,5. Así mesmo, deberá achegar proxecto técnico en formato dixital non modificable.

As persoas aspirantes quedan vinculadas polos datos que fagan constar na solicitude. O domicilio e o teléfono que figuren no sistema informático do seu Expediente-e serán os únicos válidos para efectos de notificacións e, polo tanto, será da exclusiva responsabilidade do/da solicitante o erro na súa consignación ou a falta de comunicación do seu cambio.

A insuficiente acreditación de requisitos de admisibilidade exixidos na convocatoria poderá ser emendada, de ser o caso, no prazo que estableza a lista provisoria de persoas aspirantes admitidas e excluídas.

A documentación correspondente ao punto 3) da presente base deberá ser achegada necesariamente dentro do prazo para a presentación de solicitudes.

A documentación prevista no punto 4) da presente base deberá ser achegada necesariamente xunto coa solicitude e non será en ningún caso susceptible de emenda nun momento posterior.

A falta de presentación da solicitude de percepción do complemento específico e, en consecuencia, do compromiso de dedicación exclusiva, segundo figura no anexo V da presente resolución, será causa de exclusión do proceso. O incumprimento polo profesional nomeado do compromiso de dedicación exclusiva implicará a perda inmediata do posto de xefatura, acordada polo mesmo órgano que dispuxo o seu nomeamento.

3.3. Prazo e lugar de presentación de solicitudes:

As solicitudes e a documentación acreditativa de requisitos e méritos presentaranse preferentemente no Rexistro da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita na rúa Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela, e demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, no modelo que se xunta como anexo IV, no prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Será causa de inadmisión no citado proceso de selección a presentación extemporánea da solicitude polo/a interesado/a.

Cuarta. Comisión de avaliación

4.1. Para a selección dos/as aspirantes constituirase unha comisión técnica especializada, que terá como finalidade avaliar a idoneidade e os méritos acreditados polos/as candidatos/as, composta por tres membros designados pola dirección.

4.2. As/os membros terán a condición de persoal estatuario fixo ou funcionario das categorías sanitarias, ou titular de praza docente-asistencial, do mesmo ou superior grupo de clasificación que o posto convocado.

4.3. A resolución da dirección pola que se nomean os membros da comisión de avaliación publicarase de acordo co previsto no punto 5 da presente convocatoria.

4.4. Os membros deberán absterse de intervir, notificándoo ao órgano que efectuou o seu nomeamento, cando concorra neles algunha das circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar os membros da comisión cando concorran as circunstancias previstas no artigo 24 da citada lei.

4.5. As funcións da comisión será avaliar a idoneidade das persoas aspirantes no acto de defensa pública do proxecto técnico, así como comprobar e corrixir, de ser o caso, a prebaremación realizada dos méritos acreditados polos/as aspirantes, segundo o establecido nas bases deste procedemento.

4.6. Na súa actuación, a comisión axustarase ao disposto na normativa vixente reguladora dos órganos colexiados e, en concreto, ao disposto no capítulo II da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

4.7. A comisión será asistida por un secretario/a de actas, designado pola dirección, que terá a condición de persoal estatutario fixo de xestión e servizos de grupo de clasificación A1 ou A2 ou ben persoal funcionario de corpo xeral administrativo do mesmo grupo de clasificación.

4.8. Una vez realizada a avaliación, a comisión elevará a proposta de adxudicación á dirección.

4.9. Para efectos de comunicacións, a comisión terá a súa sede en ADOS, sita na rúa Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela

Quinta. Procedemento

5.1. Todas as publicacións relativas ao desenvolvemento do proceso se realizarán no taboleiro de anuncios da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, na intranet da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es)

5.2. Rematado o prazo de presentación das solicitudes, a dirección ditará resolución en que declarará aprobada a relación provisoria de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, indicando neste último caso a causa de exclusión.

5.3. Os/as aspirantes disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da citada resolución, para poder presentar as reclamacións que consideren oportunas, ou para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivase a exclusión.

5.4. Transcorrido este prazo, a dirección resolverá as reclamacións presentadas e publicará a resolución pola que se declare a relación definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as. A estimación das peticións de emenda entenderase implícita na resolución pola que se publique a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas, contra a cal se poderá interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da súa publicación.

5.5. Xunto coa relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, a xerencia publicará a resolución pola que se nomean os membros da comisión de avaliación.

5.6. Seguidamente, a comisión de avaliación designada revisará e, de ser o caso, corrixirá a prebaremación realizada dos méritos acreditados polas persoas aspirantes de conformidade coas bases e convocaraos/as para a celebración do acto público de presentación e defensa do proxecto técnico de xestión da unidade.

O anuncio en que se determinen a data, a hora e o lugar desta sesión publicarase cunha antelación de 48 horas.

Aquelas persoas aspirantes que, tendo sido convocadas en tempo e forma, non comparezan serán excluídas do citado procedemento de provisión.

O chamamento das persoas aspirantes para a presentación e defensa do proxecto técnico realizarase alfabeticamente polo apelido, a partir da letra que resulte dun sorteo, de conformidade co establecido na Orde do 24 de maio de 2006. As persoas aspirantes deberán vir provistas do DNI ou documento oficial que acredite a súa identidade e nacionalidade.

Tras a presentación do proxecto técnico por cada aspirante, a comisión de avaliación poderá formular cantas dúbidas ou preguntas considere procedentes en relación co seu contido.

5.7. A valoración do proxecto técnico realizarase nos termos e cos límites establecidos no anexo II desta resolución.

5.8. Tras o acto público referido, a comisión recollerá nunha acta, de forma motivada, a avaliación dos/das aspirantes, con asignación da puntuación desagregada nas epígrafes de currículo profesional (méritos) e puntuación da defensa do proxecto técnico.

5.9. Rematada a valoración anterior, a comisión publicará a listaxe provisional coas puntuacións desagregadas polas epígrafes do baremo ou, de ser o caso, a proposta da comisión de que se declare deserta a convocatoria, con apertura dun prazo de quince días hábiles para a presentación, de ser o caso, das reclamacións que se consideren pertinentes.

5.10. Rematado o prazo de presentación de reclamacións e valoradas estas pola comisión de avaliación, publicarase a listaxe coas puntuacións definitivas ou ratificación da proposta de que se declare deserta a convocatoria. As reclamacións formuladas contra a listaxe provisional serán rexeitadas ou admitidas por medio da resolución definitiva.

A convocatoria será declarada deserta cando non concorran aspirantes que reúnan os requisitos exixidos, ou por proposta motivada da comisión de avaliación, cando ningunha das persoas aspirantes acade 50 puntos na avaliación do proxecto técnico.

De producirse empate na puntuación, a orde de desempate será a seguinte:

• As aspirantes de sexo feminino sobre os de sexo masculino, cando na especialidade convocada no centro se dean as condicións de infrarrepresentación previstas no artigo 49 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade (DOG nº 32, do 17 febreiro).

• Pola orde de maior a menor puntuación obtida polos/as interesados/as no proxecto técnico.

• Pola orde de maior a menor puntuación obtida polos/as interesados/as na avaliación do currículo profesional.

• De maior a menor idade.

Sexta. Resolución

A resolución definitiva será publicada no Diario Oficial de Galicia e o aspirante seleccionado obterá un nomeamento para o desempeño do posto por un período inicial de catro anos de duración.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Sétima. Toma de posesión

O/A aspirante seleccionado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/a interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Oitava. Avaliación do desempeño da coordinación

De acordo co disposto no artigo 19 da Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, o/a profesional nomeado/a será avaliado/a antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura ou coordinación por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción do posto de traballo.

Sen prexuízo do anterior, a/o profesional nomeado/a poderá ser cesado/a polo/a director/a por causas sobrevidas, derivadas tanto dunha reordenación da estrutura xerárquica da institución coma da falta de capacidade para o desempeño do posto.

O incumprimento pola persoa nomeada do compromiso de dedicación exclusiva implicará a perda inmediata do posto de coordinación, acordada polo mesmo órgano que dispuxo o seu nomeamento.

A comprobación posterior do incumprimento de calquera dos requisitos exixidos para os/as aspirantes nesta convocatoria dará lugar, mediante resolución motivada, á exclusión do/da aspirante ou, de ser o caso, á revogación da adxudicación e nomeamento se estes xa se efectuasen.

No non previsto na presente convocatoria aplicaranse supletoriamente as disposicións contidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Novena. Recursos

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

ANEXO I

Denominación do posto

Coordinador/a de persoal técnico superior de laboratorio de diagnóstico clínico

Ámbito funcional

Área de Sangue, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

Características

O posto convocado encádrase dentro da Área de Sangue, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados e con dependencia funcional desta Área.

Horario que se realizará: quenda fixa de mañá, de luns a venres; para completar a xornada anual realizará algunha actividade propia da súa competencia na quenda de tarde/noite.

Funcións

Xestionar os recursos humanos e materiais relacionados coa coordinación de TEL, de acordo coas directrices xerais de ADOS, e garantir o óptimo nivel de calidade nos procedementos e xestións realizadas no seu desempeño:

Con carácter xeral, son funcións do posto as seguintes:

1) Planificar, organizar e coordinar a actividade do equipo humano asegurando un axeitado rendemento.

2) Velar pola axeitada planificación, obtención e distribución dos recursos materiais necesarios para o correcto funcionamento dos laboratorios, supervisando os pedidos e o control do stock de materiais.

3) Detectar as necesidades de formación dos TEL, participando na organización da formación para estes colectivos e propoñer un modelo de formación interna inicial e continuada.

4) Participar, dentro do ámbito das súas competencias, nos obxectivos atribuídos pola dirección da Axencia.

5) Participar nas comisións que considere a dirección.

Derivadas da xestión de recursos humanos:

Planificar, organizar e coordinar o equipo humano asegurando un axeitado rendemento deste.

Elaborar e xestionar as quendas de persoal dos laboratorios.

Elaborar e controlar os cadros de gardas do persoal asignado.

Coordinar e garantir a programación, execución e avaliación da actividade do persoal técnico de laboratorio da ADOS, supervisando e organizando as actividades do dito persoal, co fin de que redunden nunha mellor consecución dos obxectivos asumidos pola Axencia.

Garantir a elaboración dos documentos, rexistros ou datos de carácter avaliativo, organizativo ou de xestión que se consideren necesarios no referente ao persoal TEL.

Promover o traballo en equipo, así como a partipación de todos os seus membros.

Acoller o alumnado en prácticas de TEL, coordinar e planificar a súa distribución e rotación nas unidades, seguindo as instrucións do xefe/a de área.

Elaborar e actualizar as quendas do persoal TEL en prácticas.

Informar e asesorar o persoal técnico en materia de formación e docencia.

Fomentar un clima laboral saudable e de colaboración, promovendo e facilitando as relacións interpersoais que favorezan o traballo en equipo.

Promover todas aquelas prácticas que incidan no cumprimento dos procedementos que emanen das normativas en prevención de riscos laborais.

Derivadas da xestión de recursos materiais:

Velar pola axeitada planificación, obtención e distribución dos recursos materiais necesarios para o correcto funcionamento dos laboratorios, supervisando os pedidos e o control do stock de materiais.

Garantir o correcto mantemento, conservación e manexo do material e equipamentos dos laboratorios en coordinación co xefe de taller.

Identificar e informar das necesidades de recursos materiais das unidades. Propiciar un contorno seguro de traballo.

Derivadas das liñas de traballo desenvolvidas e implantadas para promover e alcanzar os obxectivos de calidade:

Velar pola consecución dos obxectivos das diferentes unidades

Garantir a calidade dos procesos asegurando a rastrexabilidade segundo os protocolos establecidos.

Propiciar o desenvolvemento da actividade de acordo co sistema de calidade ISO 9001-2015 e cos estándares de calidade do Comité de Acreditación en Transfusión (CAT).

Velar pola implantación e cumprimento das normas de correcta fabricación (NCF) e a incorporación dos principios de boas prácticas e a xestión de riscos.

Facer propostas de mellora e innovación.

Participar en comisións e grupos de traballo que se formen para desenvolver novos proxectos.

Derivadas da xestión do coñecemento.

Analizar as necesidades de formación do persoal TEL, contribuíndo a establecer as medidas necesarias para satisfacelas.

Estudar e propoñer un modelo de formación interna inicial e continuada, que garanta a rotación do persoal polos distintos laboratorios do centro, en procesos de capacitación e mellora continua.

Motivar o persoal ao seu cargo para que poida alcanzar o máis alto nivel profesional.

Colaborar na elaboración do plan de formación.

Colaborar na programación e organización das actividades formativas do persoal baixo a súa coordinación, para manter a calidade dos procesos.

Colaborar na formación dos profesionais de nova incorporación nos laboratorios, así como na dos profesionais en prácticas

Funcións xerais:

Elaborar os informes requiridos pola dirección.

Asistir ás reunións a que sexa convocado por razón do seu cargo.

E, en xeral, todas aquelas funcións que lle sexan delegadas polo seu inmediato superior e calquera outra que se considere necesaria a criterio da dirección da Axencia.

ANEXO II

Baremo do concurso de méritos

(máximo 100 puntos)

1. Experiencia profesional como persoal estatutario, nas institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde, nas categoría que habilita para o acceso ao posto de traballo convocado:

a) Servizos prestados como persoal fixo:

• En ADOS: 0,25 puntos por mes.

• Noutra institución sanitaria do Servizo Galego de Saúde: 0,20 puntos por mes.

• En institucións sanitarias doutros servizos sanitarios do Sistema nacional de saúde: 0,15 puntos por mes.

b) Servizos prestados como persoal temporal:

• En ADOS: 0,10 puntos por mes.

• Noutra institución sanitaria do Servizo Galego de Saúde: 0,075 puntos por mes.

• En institucións sanitarias doutros servizos sanitarios do Sistema nacional de saúde: 0,05 puntos por mes.

2. Méritos específicos (máximo 35 puntos)

a) Experiencia profesional:

• En ADOS: 0,125 puntos por mes (máximo 10 puntos).

• En postos pertencentes á área funcional en que se incardina o posto convocado: 0,125 puntos por mes.

• En postos de xefatura ou dirección: 0,10 puntos por mes.

A puntuación destas tres alíneas de experiencia profesional específica será acumulable.

3. Outras actividades realizadas nos últimos 7 anos, indicativas da actualización de coñecementos e aptitudes para o desempeño das correspondentes funcións (máximo 35 puntos).

• Formación continuada acreditada.

• Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica, cun contido relacionado coas funcións propias do posto a que se opta.

• Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, INEM, Cruz Vermella, organizacións sindicais ou avaliados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias do posto a que opta.

• Cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no Plan de formación continua do Sergas, dirixidos á categoría que se posúe.

– Os cursos relacionados nestas alíneas a), b) e c) valoraranse preferentemente polos créditos que teñan acreditados. Na súa falta, polas horas que figuren no certificado.

• Por crédito: 0,25 puntos.

• Por hora: 0,025 puntos.

Os cursos universitarios de posgrao relacionados coas funcións do posto (diplomas de especialización, másters, etc) non terán límite de 7 anos para a súa valoración.

• Coñecemento do galego: pola realización do curso de iniciación: 1 punto; pola realización do curso de perfeccionamento (inclúe o curso de iniciación na puntuación): 2 puntos.

• Actividades de formación e titoría: por impartir docencia en cursos organizados e impartidos por unha Administración pública: 1,5 puntos por hora.

• Formación básica en materia de prevención de riscos laborais: polo curso básico de prevención de riscos laborais impartido pola Administración pública: 2 puntos.

• Formación en igualdade entre mulleres e homes e en prevención e loita contra a violencia de xénero:

• Por crédito: 0,25 puntos.

• Por hora: 0,025 puntos.

ANEXO III

Guía de indicadores para a elaboración do proxecto técnico.

Defensa pública do proxecto (puntuación máxima 100 puntos)

Após a valoración dos méritos dos/das aspirantes, estes serán chamados/as, de acordo co establecido na base quinta da presente convocatoria, á realización do acto público de defensa de presentación e defensa do proxecto técnico relacionado coa xestión da unidade, que se valorará cun máximo de 100 puntos.

A comisión poderá propoñer que se declare deserta a convocatoria no suposto de que ningún dos/das aspirantes acade 50 puntos na avaliación do proxecto técnico.

O proxecto técnico de xestión que se elabore deberá articularse con base no seguinte ano e cara aos próximos catro anos. Deberá redactarse baixo a perspectiva do modelo actual da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

Os obxectivos articularanse nos puntos seguintes:

1. Obxectivos de xestión de recursos humanos.

2. Obxectivos de xestión de recursos materiais.

3. Obxectivos de xestión da calidade.

4. Obxectivos de xestión do coñecemento:

1º. Obxectivos de xestión de recursos humanos.

Elaboración dunha proposta organizativa que garanta a programación, execución e avaliación da actividade do persoal técnico de laboratorio da ADOS, supervisando e organizando as actividades do dito persoal, co fin de que redunden nunha mellor consecución dos obxectivos asumidos pola Axencia.

A proposta incluirá, cando menos:

– A planificación do traballo de xestión de recursos humanos do persoal TEL dos laboratorios das distintas unidades, tendo en conta os recursos dispoñibles, que incluirá cando menos a elaboración das quendas de persoal dos laboratorios e dos cadros de gardas do persoal asignado.

– Deseño dun modelo de formación interna inicial e continuada, que garanta a rotación do persoal polos distintos laboratorios do centro, en procesos de capacitación e mellora continua.

Desenvolvemento do obxectivo mediante metas e indicadores.

2º. Obxectivos de xestión de recursos materiais.

Proposta organizativa da loxística de xestión e distribución dos recursos materiais necesarios para o correcto funcionamento dos laboratorios: xestión de pedidos e control do stock dos materiais.

Desenvolvemento do obxectivo mediante metas e indicadores.

3º. Obxectivos de xestión de calidade.

Estes obxectivos estarán de acordo coa estratexia xeral de xestión da calidade do Sergas e de ADOS.

O proxecto debe incluír as seguinte liñas:

• Calidade dos procesos asegurando a rastrexabilidade segundo os protocolos establecidos e os estándares de aplicación nos laboratorios/unidade de ADOS. Implantación e cumprimento das normas de correcta fabricación (NCF) e incorporación dos principios de boas prácticas e xestión de riscos.

Desenvolvemento do obxectivo mediante metas e indicadores.

4º. Obxectivos de xestión de xestión do coñecemento.

• Modelo de formación interna, inicial e continuada, que garanta a rotación do persoal polos distintos laboratorios de ADOS, en procesos de capacitación, habilitación e mellora continua.

Desenvolvemento do obxectivo mediante metas e indicadores.

ANEXO IV

Solicitude de participación na convocatoria do posto de coordinador/a de técnicos de laboratorio da axencia galega de sangue, órganos e tecidos

Resolución da Axencia:

Nº DOG:

Data DOG:

DATOS PERSOAIS

Apelidos e nome:

NIF:

Publicada a convocatoria indicada ao principio, pola que se convoca a provisión do posto de coordinador/a de técnicos de laboratorio e ao reunir os requisitos necesarios,

SOLICITA:

Que sexa admitida a presente solicitude para participar na convocatoria para cobertura da praza convocada.

Documentos que xunta a esta solicitude:

• Copia compulsada do DNI ou documento que legalmente o substitúa.

• Orixinal ou copia compulsada da titulación.

• Orixinal ou copia compulsada do nomeamento.

• Certificación de servizos en que conste a situación de activo en ADOS ou na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

• Certificación acreditativa en que conste experiencia mínima de tres anos.

• Declaración responsable de non ter sido separado do servizo.

• Certificación médica.

• Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

• Proxecto técnico.

• Anexo V. solicitude de percepción do complemento específico e compromiso de prestación de servizos en réxime de dedicación exclusiva.

_________________________, _______ de _________________ de 202___

Asdo. ___________________________________

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

Rúa Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela

ANEXO V

Solicitude de percepción do complemento específico

(anexo I do Decreto 11/1995, do 20 de xaneiro (DOG do 25 de xaneiro)

DATOS PERSOAIS

Apelidos e nome:

Categoría estatuaria:

Centro sanitario:

EXPÓN:

Primeiro. Que, de acordo co establecido no Decreto 11/1995, do 20 de xaneiro (DOG nº 17, do 25 de xaneiro), opta por desempeñar os seus servizos para o Servizo Galego de Saúde en réxime de dedicación exclusiva.

Segundo. Que non desempeña ningunha outra actividade pública ou privada pola que perciba retribución ningunha que, de acordo coa Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades, resulte incompatible coa percepción do complemento específico previsto no Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro.

Por todo o anterior,

SOLICITA:

Que lle sexa aceptada a opción de prestación dos seus servizos en réxime de dedicación exclusiva, coa conseguinte percepción do complemento específico que corresponda de acordo co sistema retributivo vixente.

Sen prexuízo do anterior, a validez e eficacia da presente solicitude queda condicionada á efectiva adxudicación do posto convocado de coordinador/a de persoal técnico superior ao/á asinante. De non resultar adxudicatario/a do citado posto, considerarase a solicitude como non presentada e sen validez.

Santiago de Compostela, ___ de ______________ de 2021

Asdo.: __________________________

Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos